Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2023

Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de innovación e tecnoloxía que terán lugar na xornada ‘Mobile Culture’ o sábado 7 de outubro, no Ágora

Ofértanse prazas en tres talleres: sobre Intelixencia Artificial aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural, e outro sobre creatividade e innovación

O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, abriu este sábado o prazo de solicitude para participar nos obradoiros formativos incluídos na programación do 'Mobile Culture', unha xornada interactiva sobre arte, cultura e novas tecnoloxías que terá lugar no Centro Sociocultural Ágora o sábado 7 de outubro.

Esta iniciativa vai dirixida ás e aos profesionais do tecido cultural da cidade e, en xeral, á cidadanía interesada nas actividades e coloquios que terán lugar no evento, orientadas á innovación dixital en termos culturais e artísticos.

O 'Mobile Culture' cofinanciado a través do programa europeo Erasmus+, terá lugar na aula 9 do Ágora en horario de mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Durante a xornada, as persoas asistentes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos sobre Intelixencia Artificial (IA) aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural e outro sobre creatividade e innovación.

Cada persoa poderase inscribir nun dos tres obradoiros previstos, formalizando a súa solicitude na ficha do  Mobile culture: xornada interactiva sobre arte, cultura e novas tecnoloxías .

A pasarela en liña para reservar praza nos talleres habilitouse hoxe, ás 10.00 horas, e o prazo pecharase ás 10.00 horas do venres 6 de outubro. 

O cronograma do programa da xornada é o seguinte:

  • 10.00: Benvida.
  • 10.15: Masterclass Erasmus+.
  • 10.30: Boas prácticas dos proxectos europeos.
  • 11.00: Presentación do proxecto Cultura Móbil.
  • 11.30: Pausa para café e networking.
  • 12.00: Obradoiros de Cultura Móbil.

O evento 'Mobile Culture', que tamén se formula como unha oportunidade para interconectar a traballadoras e traballadores pertencentes ao tecido cultural local, reforza o abano de propostas formativas que está a impulsar o Goberno de Inés Rey en materia cultural e tecnolóxica, creando sinerxías de interese con perspectivas de futuro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión