11 de julio de 2025
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, apuntou á importancia destas actuacións en edificios residenciais, mais tamén deste novo regulamento que permitirá determinar "criterios de conservación patrimonial que preserven a imaxe urbana da cidade, con respecto polas súas arquitecturas"
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe a sesión ordinaria do Pleno municipal, no que se aprobou definitivamente a nova ordenanza de Sistemas de Illamento Térmico Exterior (SITE), unha ferramenta coa que o Concello busca establecer un marco normativo específico que regule as intervencións nas fachadas dos edificios á hora de implantar sistemas que incrementen a súa eficacia enerxética.
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, apuntou á importancia destas actuacións en edificios residenciais, mais tamén deste novo regulamento que permitirá determinar "criterios de conservación patrimonial que preserven a imaxe urbana da cidade, con respecto polas súas arquitecturas".
Díaz Gallego lembrou que, nos últimos anos, A Coruña está a vivir múltiples intervencións desta tipoloxía. É o caso de bloques de vivendas como as torres de San Diego ou a torre Efisa. "As axudas públicas concedidas, ben europeas ou municipais, contribuíron a isto. Agora, o que estamos tentando con esta ordenanza é compatibilizar esas necesarias melloras no parque de vivenda da cidade, fundamentais para que as veciñas e veciños gañen calidade de vida, garantindo tamén a conservación da paisaxe urbana tal e como lembramos no imaxinario colectivo".
O texto, como xa se especificou tempo atrás, establece os requisitos específicos tanto para os edificios catalogados como para os que, pese a non estar catalogados, contan nas súas fachadas con elementos de singular protección.
Neste sentido, á ordenanza incorporáronse achegas e suxestións, que nalgúns casos se incluíron grazas ás aportacións dos técnicos municipais e da comisión do Plan Especial.
Novos avances na urbanización do polígono de Visma
Por outra banda, hoxe aprobouse definitivamente o estudo de detalle da mazá Z4-R3L do polígono de Visma, onde avanzan os traballos de urbanización previos á construción dos desenvolvementos residenciais alí previstos.
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, explicou que "o estudo de detalle afecta a tres parcelas onde haberá un único volume edificable, en forma de L, con reaxustes nas rasantes e aliñacións interiores, tamén para delimitar o tipo de usos que haberá en cada zona da mazá".

14 de mayo de 2026

14 de mayo de 2026

10 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible