10 de maio de 2026
O recinto, habilitado polo Concello no núcleo residencial, abriuse esta semana e suma instalacións públicas de calidade e concibidas para promover os hábitos de vida saudables
O Concello avanza coa folla de ruta do Plan de barrios 2025-27 con novas melloras no núcleo residencial da Urbanización Valaire, onde esta semana abriuse un novo espazo para a práctica deportiva entre a rúa Praga e a avenida Nova York.
Tal e como detallou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, os servizos municipais estudaron previamente as posibles necesidades existentes en Valaire en materia de equipamentos públicos, "de aí que se optase por incorporar elementos para a realización de exercicio físico ao aire libre, tanto biosaudables como de calistenia", inexistentes ata agora na contorna.
A creación desta superficie interxeracional en Valaire, semellante ás habilitadas previamente en barrios como Xuxán ou enclaves como o parque Europa, suma instalacións deportivas de calidade concibidas moi especialmente para promover os hábitos de vida saudables, un piar fundamental nas políticas do Goberno de Inés Rey.
Noemí Díaz precisou que a intervención incluíu a instalación de equipos de adestramento como unha estrutura combi-multiexercicios, unha bicicleta estática, unha escaleira horizontal e unha bicicleta elíptica. Ademais, tamén se habilitou novo mobiliario urbano.
A este respecto, a apertura do espazo deportivo da rúa Praga concretouse antes desta fin de semana, despois de que a certificación de seguridade resultase favorable tras as inspeccións pertinentes posteriores á obra.

22 de abril de 2026

8 de abril de 2026

28 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible