Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de julio de 2026

As obras de mellora no parque de Santa Margarida enfilan a súa recta final, coa nova área de calistenia e o parque infantil, renovado, xa visibles

O Concello ultima os traballos no conxunto do parque, onde tamén se crearon novas sendas de running e se actuou no conxunto dos camiños para facelos máis accesibles

As obras de mellora no parque de Santa Margarida, promovidas polo Concello, avanzan a bo ritmo e enfilan xa a súa recta final, co obxectivo de que un dos grandes pulmóns verdes da cidade estea preparado a finais de agosto, coincidindo coa celebración da Romaría.

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou estes días a evolución actual dos traballos no parque, con actuacións xa completas e visibles en puntos como a nova área deportiva de calistenia e en equipamentos renovados como a área infantil próxima ao acceso da avenida de Arteixo, un espazo de lecer que incorporou novos xogos e que se abrirá proximamente, unha vez que se complete a tramitación dos permisos correspondentes.

O abano de actuacións xa executadas inclúe tamén as novas sendas de running habilitadas no conxunto de parque, proxectadas para fomentar a práctica deportiva ao aire libre interconectando, de paso, os espazos de ocio e lecer existentes no parque.

Ademais, tamén se está a traballar na adecuación dos antigos camiños de Santa Margarida, co obxectivo de facelos totalmente accesibles e garantir, desta forma, o tránsito seguro de persoas con mobilidade reducida. Isto supuxo a renovación dos materiais do pavimento.

En paralelo, avanzan as tarefas de axardinamento e instalación de novo mobiliario urbano, tarefas incluídas tamén nun proxecto que se formulou para revitalizar un dos espazos máis emblemáticos da cidade, Santa Margarida. Baixo esta premisa, o Concello puxo en marcha este plan de melloras que busca aproveitar ao máximo a superficie do parque e darlle resposta ás necesidades xerais das persoas que fan uso da mesma, cunha idea de base innegociable: o coidado e preservación do medio natural e o respecto ás súas condicións medioambientais e de sostibilidade.

Inés Rey lembrou que o parque de Santa Margarida está a piques de cumplir medio século de vida desde a súa apertura, no ano 1977. "Dende entón, forma parte da memoria de moitas coruñesas e coruñeses. É un espazo moi especial que cómpre coidar, preservar e manter con agarimo para que, no futuro, siga sendo un punto de encontro das próximas xeracións da nosa cidade", indicou a rexedora, acompañada polo concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín, na súa visita ao parque.

Entre as novas árbores do parque, unha sequoia

As actuacións no conxunto do parque, que conta cunha superficie de 78.000 metros cadrados, tamén incluíron a plantación de novas árbores. En total, 49 novos exemplares en idade de crecemento, que se suman á masa forestal xa existente en Santa Margarida, onde tamén se retiraron diversos exemplares que presentaban risco de caída.

Do case medio cento de árbores xa plantadas, 12 son ginkgos biloba, 7 son cerdeiras xaponesas, outros 7 tileiros prateados e tamén 7 pradairos. A estes exemplares súmase unha nova especie inédita ata agora no parque: unha sequoia.

Tal e como precisan os técnicos dos servizos municipais, ao non estar en primera liña de mar, o parque de Santa Margarida permite traballar cun abano máis amplo de especies, ao ser un enclave menos exposto ao vento mariño. Isto é un aspecto clave, xa que a elevación do terreo diminúe o risco de exceso de salinidade para o arboredo.

Máis superficie axardinada

No contexto dos traballos, o Concello tamén ampliou as áreas axardinadas na contorna da Casa das Ciencias, onde se gañaron case 200 metros cadrados de espazos verdes, que antes eran pavimento, e tamén ao longo do Paseo das Ciencias.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión