8 de mayo de 2026
Esta fase de traballos rematará a finais de mes e, ata entón, habilitarase un acceso provisional á rúa da Estrella a través de Mantelería, co obxectivo de facilitar servizos de carga e descarga e a entrada a garaxes
As obras de remodelación dos Cantóns avanzan a bo ritmo e enfilan xa unha nova fase de actuacións que, a inicios da semana que vén, se focalizará na rúa Santa Catalina e na súa contorna.
A alcaldesa, Inés Rey, contextualizou esta quenda de traballos, "necesaria para completar a pavimentación de Santa Catalina entre Durán Loriga e os Cantóns". Estas tarefas son fundamentais para reconfigurar este treito, que pasará a ser totalmente peonil, para lle dar continuidade a un percorrido natural a pé desde a praza de Mina ata a rúa Real.
A previsión da dirección de obra dos Cantóns é que os traballos nesta parte de Santa Catalina comecen o vindeiro luns 11 de maio, o que esixirá cortar o tráfico no acceso á rúa da Estrella ata o día 26 deste mes. De todos os xeitos, manterase en todo momento a accesibilidade peonil e, dado que á rúa da Estrella é zona de paso de servizos de carga e descarga dos establecementos hostaleiros e tamén hai garaxes, habilitarase un acceso provisional desde San Andrés, a través da rúa Mantelería.
Cómpre lembrar que, nesta fase de obras, o corte do tráfico en Santa Catalina só será efectivo na intersección entre a rúa da Estrella e os Cantóns. A circulación de vehículos que saen de Durán Loriga e xiran á esquerda en dirección á rúa San Andrés seguirá estando habilitada, como ata agora.
También te puede interesar

31 de julio de 2026

18 de julio de 2026

13 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible