4 de junio de 2026
A intervención ten como obxectivo o illamento da estrutura para evitar filtracións
Esta semana arrincaron as obras de mellora da cuberta do Teatro Rosalía de Castro, unha actuación necesaria polas incidencias e episodios de filtración que se detectaron ao longo destes anos. En 2014, un temporal deixou danos importantes no teito do teatro, e levouse a cabo unha actuación para reparalo, mais por aquela intervención fíxose sen empregar os métodos máis axeitados, facendo perforacións na cuberta de zinc, a causa das cales esta foise degradando co paso do tempo e comprometendo a súa estanquidade.
"Resolvemos deste xeito unha problemática que poñía en risco a estrutura dun dos espazos culturais de referencia en Galicia e a nivel estatal, cunha programación de gran calidade e unha alta asistencia de público a todas as funcións", sinalou a alcaldesa, Inés Rey. Atendendo ás avaliacións efectuadas, a solución escollida é executar unha sobrecuberta de zinc sobre a xa existente e mellorar, en paralelo, os accesos á cuberta para garantir un correcto mantemento dela.
O orzamento desta actuación é de 414.000 euros. O Teatro Rosalía de Castro é un símbolo da identidade cultural da Coruña e un espazo clave para a creación, difusión e encontro arredor das artes escénicas. Coa súa traxectoria de case dous séculos, a súa localización emblemática no corazón da cidade e unha programación estable de teatro, música e danza, o Rosalía consolidouse como un referente cultural en Galicia e como un punto de encontro esencial para a cidadanía coruñesa, contribuíndo de maneira decisiva ao dinamismo cultural e á proxección da cidade.

14 de julio de 2026

1 de julio de 2026

22 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible