10 de octubre de 2025
As paradas de transporte urbano, taxis e BiciCoruña, así como a zona de carga e descarga de mercadorías, trasládanse ao Cantón Pequeno
A remodelación dos Cantóns vivirá unha nova fase de obras a partir do vindeiro luns 13, cando se iniciará unha nova fase de actuacións entre a rúa Santa Catalina e o Cantón Grande.
A alcaldesa, Inés Rey, lembrou que será nesta fase cando xa serán visibles as primeiras intervencións na contorna do Obelisco, un dos espazos máis emblemáticos da cidade. A folla de ruta prevista polo Concello contempla a adaptación da superficie que se peonalizou provisionalmente durante a pandemia, co obxectivo de darlle unha uniformidade estética con respecto á imaxe dos Cantóns.
Neste sentido, e co obxectivo de evitar incomodidades en materia de materia de mobilidade e transporte, o Concello ten planificado que sexa no Cantón Pequeno onde se concentren os servizos nesta fase. Alí estarán situadas tanto a parada de taxis como a de transporte urbano -a do Obelisco quedará anulada temporalmente e a prestación do servizo concentrarase nas paradas do Cantón Pequeno e a do Carreiro da Estacada, ambas as dúas operativas-e tamén as estacións de BiciCoruña.
Ademais, nesta fase da obra será cando se pechará definitivamente ao tráfico o acceso aos Cantóns desde Durán Loriga por Santa Catalina. Este treito pasará a ser totalmente peonil, para darlle continuidade a un percorrido natural desde a praza de Mina ata a rúa Real. Por iso, a área de carga e descarga de Santa Catalina pasará a estar situada tamén na contorna do Cantón Pequeno, como alternativa temporal.
Rey tamén lembrou que, en todo caso, a circulación do tráfico polos Cantóns seguirá estando habilitada, xa que as obras non afectarán aos carrís da calzada.
O acceso da rúa Nova aos Cantóns pecharase ao tráfico rodado
Tamén nesta fase haberá novidades con respecto á mobilidade pola rúa Nova, que se pechará ao tráfico rodado na súa conexión cos Cantóns. Si seguirá aberta ao paso de vehículos, tanto os de carga e descarga como os que van aos garaxes, con acceso e saída pola rúa de San Andrés.
Ademais, neste contexto das obras nos Cantóns tamén se pechará a rampla de saída do tráfico rodado no estacionamento do Obelisco, unha intervención necesaria para adecuar a superficie atendendo ao cronograma de traballos previsto.
Como vén sendo habitual desde que se licitou a remodelación dos Cantóns, o Concello informará nas súas canles oficiais e tamén de forma física, sobre o terreo, desta nova fase de obras, co obxectivo de resolver as dúbidas existentes.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible