16 de octubre de 2025
No encontro abordaron tamén a recepción por parte do Concello de 8,7 millóns de euros de fondos EDIL para acometer diversas melloras
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita ao novo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde. Ambos mantiveron o seu primeiro encontro institucional desde que Abalde foi nomeado e puideron debater sobre as principais liñas de colaboración entre ambas administracións. No encontro abordaron os distintos investimentos que o Estado ten en marcha na cidade da Coruña.
A alcaldesa e o subdelegado analizaron os avances que se veñen producindo na cidade en eidos como a Vivenda, Transporte ou as Infraestruturas, con "proxectos nos que a colaboración entre Concello e Estado garanten unha mellora substancial no día a día dos coruñeses", dixo Rey. Ademais, abordaron tamén a relevancia dos fondos EDIL, un programa con financiación europa que permitirá á Coruña afrontar investimentos por máis de 14,5 millóns de euros dos que a UE achega, a través do Estado, 8,7 millóns, o 60% do total previsto.
A Coruña accedeu nos últimos anos aos programas europeos máis relevantes, como os Eidus, os Next Generation nas súas dúas fases e máis recentemente o programa Allocate, entre outros.

21 de noviembre de 2025

19 de noviembre de 2025

18 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible