19 de noviembre de 2025
Inés Rey: “O diálogo con outras cidades portuarias permitiranos avanzar con maior ambición e aprendizaxe compartida”
A asemblea Xeral da Asociación Internacional de Cidades e Portos (AIVP) escolleu á cidade da Coruña para formar parte do seu Consello de Administración en substitución da cidade de Marsella durante os vindeiros tres anos.
Durante a celebración da asemblea acordouse que a cidade da Coruña tivese un papel relevante en representación das cidades que forman parte da entidade logo da súa adhesión á rede o pasado mes de setembro.
A asemblea valorou que A Coruña está a vivir un momento decisivo marcado pola transformación da súa fachada marítima e a apertura do porto á cidade. Un proceso histórico que abre unha nova etapa na relación entre o espazo portuario, a contorna urbana e a cidadanía.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que a cidade da Coruña comparte plenamente os principios que inspiran a Rede de cidades e portos como o intercambio de coñecemento e experiencias sobre o futuro das cidades portuarias, a solidariedade entre territorios, o desenvolvemento sostible e a defensa do interese xeral nos procesos de transformación Cidade-Porto.
"A Coruña debe xogar un papel relevante nesta entidade porque estamos convencidos de que o diálogo con outras cidades portuarias que desenvolveron proxectos similares nos permitirá avanzar con maior ambición e aprendizaxe compartida", sinalou Inés Rey.

21 de noviembre de 2025

18 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible