8 de abril de 2025
A alcaldesa supervisou a fin das obras que foron financiadas con fondos Next Generation e supoñen unha mellora de accesibilidade na contorna
A alcaldesa, Inés Rey, supervisou esta mañá o resultados das obras de reurbanización da rampla do Matadoiro que, a falta de pequenos detalles, xa están completada, mellorando a accesibilidade na contorna e sumando novas zonas verdes e espazos peonís. A actuación, financiada con fondos Next Generation, supuxo un investimento superior ao medio millón de euros. Rey estivo acompañada pola concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.
"Desde o Goberno municipal continuamos creando espazos de calidade nos nosos barrios grazas ás diferentes convocatorias de fondos europeos ás que nos presentamos e que nos permiten mellorar a calidade de vida da cidadanía", indicou a alcaldesa, que tamén destacou que A Coruña foi a primeira cidade de España en investimento por habitante na segunda convocatoria de fondos Next Generation, obtendo o total das achegas solicitadas.
A remodelación deste enclave próximo ao Paseo Marítimo consistiu nun formato de plataforma única, que permitiu a ampliación das zonas de tránsito peonil e gañar en accesibilidade. Os traballos leváronse a cabo, concretamente, no treito comprendido entre a propia rúa da Rampla do Matadoiro -partindo desde a contorna do Paseo Marítimo- e ata o paso peonil que hai na confluencia coa rúa Adelaida Muro. Desta forma, renovouse unha superficie de máis de 1.700 metros cadrados, unha actuación que, ademais de incluír a ampliación das beirarrúas, tamén contemplou a reconfiguración dos pasos peonís da Rampla do Matadoiro e o cruzamento con Adelaida Muro, que pasou a ser en elevación, co obxectivo de reforzar a seguridade peonil. A vindeira semana quedará completada a actuación coa colocación dunha varanda que mellorará aínda máis a seguridade.
Ademais, tamén se adecuou a vía que habilita o acceso e saída ao aparcadoiro do hotel Meliá María Pita, lindeiro á propia rúa da Rampla do Matadoiro. En paralelo, renovouse a rede de saneamento e o sistema de iluminación pública. Tamén se plantou arboredo e foron creadas máis áreas verdes aproveitando os espazos públicos das proximidades, así como novo mobiliario urbano.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible