17 de septiembre de 2025
O voceiro do Goberno municipal participou hoxe nunha sesión organizada por Defensa do Común, na que puxo en valor os avances experimentados no último ano para impulsar a integración do Porto na paisaxe urbana
O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, participou esta tarde no acto público organizado por Defensa do Común para debatir sobre o futuro da fachada marítima e dos peiraos da cidade da Coruña.
Na sesión, concibida para profundar na relación entre as Administracións públicas e o tecido asociativo á hora de afrontar conxuntamente intervencións deste calado, Lage puxo en valor "o esforzo do Goberno de Inés Rey para sentar as bases dunha transformación que é vital para o futuro da cidade e da súa economía".
Neste sentido, Lage subliñou o paso adiante que supuxo, en maio do ano pasado, a sinatura do protocolo necesario para impulsar a reordenación da fachada marítima da Coruña, que implicou a Concello, Xunta e Estado, e que abriu camiño á creación da comisión Coruña Marítima, tamén ao proceso participativo posterior, no que se recolleron múltiples achegas da cidadanía de cara á reconversión de usos nos espazos portuarios, a medida que se van deslocalizando actividades e procesos a Punta Langosteira.
"O futuro da Coruña pasa polo mar. Este proxecto é a oportunidade para abrirnos definitivamente a ese horizonte compartido, cunha visión integradora, sostible e innovadora", indicou o concelleiro e voceiro municipal, para quen "a renovación da fachada marítima é o maior reto e a maior oportunidade" para deseñar o futuro da cidade. Lage destacou tamén a boa sintonía coa Autoridade Portuaria e co seu presidente, Martín Fernández Prado, e a importancia de ter chegado a acordos con todas as Administracións para darlle un impulso definitivo ao proxecto.
"Neste mes daremos un paso máis para darlle a máxima seguridade xuridica ao concurso internacional da fachada marítima. Pensamos nun proxecto ambicioso que conte cos mellores profesionais posibles, e iso significa apostar pola excelencia sin excluir a ninguén, valorando a experiencia neste tipo de proxectos e contando tamén cos profesionais da cidade", engadiu Lage.
Ademais do voceiro municipal, no acto desta tarde participaron Ruth Varela, presidenta da delegación da Coruña do COAG; Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña; Francisco Jorquera, presidente da Comisión da Fachada Marítima, e Benedito Álvarez, da xunta directiva de Defensa do Común.

23 de diciembre de 2025

18 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible