26 de mayo de 2025
As entradas están á venda desde hoxe en Ataquilla e na praza de Ourense
A artista Lúa Mosquetera levará a súa poesías ao escenario do Teatro Colón o vindeiro venres 11 de xullo. Mosquetera ofrecerá un recital de poesía no que "duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas", en palabras da propia escritora. "Desde o Goberno de Inés Rey estamos comprometidos co talento local e buscamos que as nosas artistas máis destacadas poidan expoñer o seu traballo nos principais recintos culturais da cidade", sinalou Gonzalo Castro.
A personalidade de Lúa en escena é irresistible e á vez próxima. A súa poesía sensible, belixerante, certeira. Ela recita o seu particular "spoken word", unha disciplina a medio camiño entre o rap e a poesía oral, mentres o músico Pablo Seijas acompáñaa con pezas musicais creadas para cada poema nunha simbiose emocionante.
Lúa Mosquetera é unha escritora, poeta e artista multidisciplinar galega nacida en Miño en 1988. Graduada en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela, destaca pola súa voz poética potente, comprometida e profundamente emocional, que combina a poesía con elementos escénicos e musicais.
Mosquetera iniciou a súa carreira literaria coa autoedición de dous poemarios: Rasrás (2018) e Aunque seas rara y seas pájaro (2020). En 2022 publicou Espíderman coa editorial Galaxia, obra que inclúe o poema «Anorak de pel de caribú», gañador do premio ARitmar á Mellor Poesía da Galiza 2021. Ese mesmo ano, proclamouse campioa do Poetry Slam de Compostela e foi finalista no campionato estatal.
En 2022 tamén publicou a súa primeira novela, ¡Yo vivo! (La Moderna), unha obra que aborda temas como a perda, a precariedade e a identidade feminina desde unha perspectiva xeracional e intimista. A protagonista é unha libreira de 38 anos que reflexiona sobre a súa vida, marcada pola enfermidade da súa nai e as presións sociais contemporáneas.

25 de mayo de 2026

23 de mayo de 2026

22 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible