17 de octubre de 2025
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, convidou a cidadanía a participar na cita do vindeiro día 26, a penúltima desta tempada do circuíto Coruña Corre
A temporada do circuíto de carreiras populares Coruña Corre vai chegando, pouco a pouco, á súa recta final. Con só dúas probas por disputar, o Concello ultima xa os detalles de organización correspondentes á cita do domingo 26 de outubro no barrio do Ventorrillo, a penúltima data do calendario do circuíto.
Máis de 2.400 persoas xa están inscritas na proba, que como é habitual contará con percorridos diferenciados, en función da categoría. Na absoluta será de algo máis de cinco quilómetros: sairá da rúa Alcalde Jaime Hervada e alternará treitos de asfalto con outros por pistas de terra, tanto polo Ventorrillo como pola parte alta da Silva.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, lembrou que o prazo de inscrición segue aberto. Concretamente, ata as 23.59 horas deste domingo 19, as persoas interesadas en tomar parte na carreira poderán formalizar as súas solicitudes e, como sempre, confirmar a súa participación. A información completa está na páxina web de Coruña Corre.
"Estamos a vivir unha tempada apaixonante no circuíto de carreiras populares e o noso obxectivo é rematala cun bo sabor de boca. Primeiro, no Ventorrillo, e xa o 23 de novembro coa última carreira, de peche, no barrio de Novo Mesoiro", lembrou Vázquez.
Antón Gómez e Inés Alfonso lideran a clasificación xeral absoluta
A só dúas probas de que remate esta edición, o circuíto Coruña Corre 2025 promete emocións fortes neste treito final de tempada. As carreiras do Ventorrillo e Novo Mesoiro porán a proba os actuais ocupantes do podio na categoría absoluta.
Tras cinco carreiras disputadas, á fronte da clasificación masculina está Antón Gómez López, seguido por Daniel Fuentes Bardanca e Paulo Cameselle Juiz. Na feminina, a primeira posición é para Inés López Alfonso, con Noelia Souto e Inés Papín tras ela.

30 de noviembre de 2025

21 de noviembre de 2025

17 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible