Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de novembro de 2025

A gala do circuíto Coruña Corre presentará o día 20 de febreiro as novidades da próxima edición de carreiras populares

A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o acto, que terá lugar no centro Ágora. O circuíto sumou preto de 19.000 inscricións nas sete probas

O Concello celebrará o venres 20 de febreiro a gala do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que servirá como peche da edición do 2025 e anuncio das próximas carreiras a celebrar en 2026.

A gala, que se levará a cabo no Centro Sociocultural Ágora, comezará ás 20.00 horas o venres 20 de febreiro, e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. Conducirá o acto o presentador habitual das carreiras, Xalo Maira. Entregaranse os premios aos gañadores/as de cada unha das categorías dos participantes ao circuíto, e un agasallo aos que participaron en 5, 6 ou 7 das carreiras que integran o circuíto.

Durante o 2025 foron sete as probas do circuíto Coruña Corre: Torre de Hércules, Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, Carreira Popular Os Rosales, Carreira Popular Matogrande, Carreira Popular Volta a Oza, Carreira Popular Ventorrillo e Carreira Popular Novo Mesoiro. 

A participación feminina representou preto do 45 % das persoas rexistradas no circuíto, confirmando a ampla implicación das mulleres no deporte popular e o avance cara á igualdade efectiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión