25 de mayo de 2026
As entradas saen á venda hoxe a partir das 16.00 horas, tanto presencialmente como por internet
A recoñecida artista Mónica Naranjo actuará o próximo 20 de novembro no Coliseum, marcando unha data destacada máis na exclusiva e ampla programación do recinto. Será a única actuación en Galicia incluída na súa xira Greatest Hits Concerts, na que repasa os seus éxitos máis célebres para conmemorar 30 anos de carreira profesional.
A venda de entradas activarase hoxe a partir das 16.00 horas presencialmente na taquilla da praza de Ourense e online en Ataquilla.com, zoommusic.es e monicanaranjo.com. Este concerto é a primeira chegada do tour de Mónica Naranjo a Galicia, despois de percorrer no 2025 México, Estados Unidos e diferentes cidades de España, cun gran éxito de público.
"O Coliseum xa é un dos recintos de refencia no panorama cultural de toda España. Os mellores artistas do mundo queren vir á Coruña, porque aquí hai un público que sabe de música, que é entregado e que sabe transmitir o seu cariño aos que chegan á cidade para demostrar o seu talento. Desde o Goberno de Inés Rey fixemos un traballo intensivo estes anos para poñer a esta cidade no lugar que se merece, como motor da cultura en Galicia", valorou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
O show maxestoso repasa os grandes fitos da súa discografía, con banda, coristas e bailaríns, un potente deseño de luces, un vestiario especialmente concibido para o espectáculo, e un ritmo frenético. A audiencia revive en directo as versións orixinais de himnos como "Desátame", "Sobreviviré", "Europa" ou "Pantera en libertad", xunto ao seu último single, "Por un like", entre outras. A Coruña e Madrid foron as dúas cidades españolas elixidas pola cantante catalana para pechar a súa xira.

23 de mayo de 2026

22 de mayo de 2026

19 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible