Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de marzo de 2026

O Aquarium Finisterrae conmemorará esta fin de semana o Día Mundial da Natureza, con obradoiros sobre biodiversidade para todos os públicos

O Concello organiza dúas sesións coa participación do biólogo e divulgador científico Miguel Santamaría

Mañá, martes 3, será o Día Mundial da Natureza e o Concello xa está a ultimar a organización das actividades previstas no Aquarium Finisterrae esta fin de semana -para conmemorar a efeméride-, con obradoiros sobre biodiversidade ideados para todos os públicos e idades.

As sesións están concibidas para que as persoas participantes poidan coñecer de preto unha mostra da enorme variedade dos invertebrados máis sorprendentes da natureza. Desta forma, as e os asistentes poderán descubrir en vivo e en directo diferentes aspectos da bioloxía de especies como escorpións, o milpés xigante, o escaravello goliat, migalas, bolboretas xigantes, insectos folla, insectos pau, caranguexo ermitán dos bosques, cascudas de Madagascar e caracois xigantes de terra.

Ao tratarse dunha actividade con animais vivos, atendida polo biólogo e divulgador científico Miguel Santamaría, o obradoiro achega unha compoñente emocional moi importante, xa que lles permite ás persoas asistentes interactuaren coa maioría das especies.

Haberá dúas sesións entre o sábado 7 e o domingo 8, en horario de 12.00 a 14.00 horas. A actividade ten capacidade limitada para 90 participantes e as persoas que desexen asistir deberán aboar o prezo correspondente da entrada ao Aquarium Finisterrae e mais retirar un pase gratuíto para o obradoiro. 

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a se achegar ao acuario coruñés "para vivir unha experiencia única que non só ten unha perspectiva divulgativa, senón tamén de concienciación, para pór en valor e visibilizar a inmensa riqueza coa que contribúen os ecosistemas e especies á estabilidade do noso planeta".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión