17 de enero de 2025
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, convidou a cidadanía a non perder a programación prevista, que complementará a oferta de produtores locais que habilitarán os seus postos de venda
O Campo da Leña acollerá este domingo 19 o primeiro mercado ecolóxico municipal deste ano. Cada fin de semana, esta iniciativa do Concello contribúe a visibilizar a pequenos produtores locais e da área metropolitana en eventos abertos á cidadanía e ao aire libre, cun formato rotatorio que se desenvolve nos barrios da Coruña.
Cómpre lembrar que o calendario previsto polo Concello marcaba o inicio da nova tempada o pasado 5 de xaneiro, na previa do día de Reis, mais o mercado foi cancelado por mor das condicións meteorolóxicas daquela xornada, con fortes ventos.
Agora, retómase a programación, que arrincará o domingo coa apertura dun espazo de dinamización infantil orientado ao goce das pequenas e pequenos. Estará habilitado das 10.00 ás 15.00 horas.
Xa a media mañá, ás 11.30 horas, as e os máis pequenos poderán participar nun obradoiro infantil de carácter creativo, no que a rapazada aprenderá a fabricar figuras de castores con materiais reciclados. Para tomar parte no obradoiro será preciso inscribirse previamente no mercado a partir das 10.00 horas, xa que a capacidade prevista estará limitada a un máximo de 15 nenas e nenos. O obradoiro durará unha hora.
Posteriormente, ás 12.30 horas, as crianzas tamén terán a posibilidade de gozar de 'Onde nacen as apertas', unha sesión de contacontos con Beíña.
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, convidou a cidadanía a asistir a esta primeira edición do mercado ecolóxico municipal no 2025, "que terá continuidade durante os meses de febreiro e marzo, tamén no Campo da Leña como punto de encontro".

17 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

10 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible