Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2026

O Concello inaugura a exposición ‘Voces do Mar. Historias Femininas da Pesca’ no mercado Eusebio da Guarda

A actividade forma parte da iniciativa Mercados Coruñeses II, ideada para dinamizar a vida nas prazas de abastos da cidade e dar a coñecer mellor todas as actividades relacionadas co mar

O concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego, inaugurou hoxe a exposición do Concello "Voces do Mar. Historias Femininas da Pesca", no mercado municipal Eusebio da Guarda. A exposición ten como finalidade poñer en valor o papel das mulleres no sector pesqueiro, visibilizando a súa contribución histórica e actual á actividade extractiva, comercial e social vinculada ao mar. 

Trátase dunha mostra itinerante que percorre os mercados municipais da cidade e que permite achegarlle á cidadanía a importancia do sector pesqueiro e das persoas que forman parte del. Esta actividade forma parte das accións do Goberno de Inés Rey para reivindicar a identidade mariñeira da cidade e dinamizar a vida e uso dos mercados municipais. 

"A Coruña é mar e pesca. E desde o Concello cremos que é a nosa obriga promover a memoria e a xustiza reivindicando a todas aquelas mulleres que foron piares fundamentais desta industria en todas as fases da cadea produtiva. Historias apaixonantes de persoas valentes que construíron esta cidade", subliñou Juan Igancio Borrego. 

A inauguración enmarcouse nunha xornada que incluíu tamén unha charla divulgativa sobre os beneficios do consumo de peixe para a saúde e un obradoiro práctico de elaboracións culinarias con produtos do mar. A actividade forma parte do programa Mercados Coruñeses II, financiado a través das axudas aprobadas polo GALP Golfo Ártabro Sur, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027. 

Dentro do programa Mercados Coruñeses II tamén están incluídas as Rutas Mariñeiras, unha actividade que permite coñecer de primeira man a lonxa e os mercados municipais e que combina patrimonio, gastronomía e divulgación do sector pesqueiro, permitindo coñecer de primeira man o funcionamento da cadea de comercialización dos produtos do mar e o papel que desempeñan tanto a lonxa coma os mercados municipais. 

As catro primeiras sesións xa tiveron lugar este ano, pero aínda haberá outras catro rutas que se anunciarán proximamente de cara ao 2027. Estas accións forman parte dunha estratexia máis ampla do Goberno municipal para revitalizar, mellorar e reforzar os servizos da rede de mercados municipais. Este plan inclúe desde dinamización ata grandes proxectos de investimento, como as novas instalacións do mercado de Monte Alto, aberto o ano pasado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión