3 de noviembre de 2025
O cantante presentará na Coruña o seu novo traballo Ritorno a Via Dalma, no primeiro concerto confirmado para 2027 na cidade
O Coliseum da Coruña será unha das paradas da nova xira de Sergio Dalma, que presentará na cidade o seu próximo álbum Ritorno a Via Dalma. O concerto terá lugar o 23 de xaneiro de 2027, converténdose así na primeira actuación confirmada na Coruña para ese ano.
As entradas sairán á venda este mércores, 5 de novembro, a través da páxina web oficial do artista e da plataforma de El Corte Inglés.
Con Ritorno a Via Dalma, que verá a luz o 14 de novembro, o artista catalán revisita o espírito da súa exitosa triloxía inspirada na música italiana, con versións de temas de autores contemporáneos interpretadas coa súa voz característica. Trátase do disco número 23 da súa carreira, e supón un novo chanzo na consolidación dun estilo que o público recoñece e celebra.
O concerto enmárcase na aposta do Concello por seguir ofrecendo á veciñanza propostas culturais de calidade, nunha liña de programación que o Goberno de Inés Rey está a consolidar nos últimos anos.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, valorou positivamente esta nova incorporación ao calendario musical da Coruña e destacou que "Sergio Dalma é un artista moi querido polo público e cunha carreira consolidada, e o seu concerto será, sen dúbida, unha das citas destacadas do comezo de 2027".

16 de agosto de 2026

15 de agosto de 2026

10 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible