14 de septiembre de 2026
As actividades gratuítas abarcan numerosas temáticas e teñen como obxectivo ofrecer novas ferramentas educativas e de divulgación ao alumnado dos centros da cidade
Mañá comezará o prazo de inscrición da maioría das decenas de actividades incluídas na programación deste curso de Coruña Educa, unha iniciativa coa que o Concello busca ofrecerlles actividades divulgativas e entretidas aos colexios e institutos da cidade, coas propostas separadas en máis dunha quincena de bloques temáticos. O plan formativo implementado polo Goberno de Inés Rey complementa e reforza os currículos educativos dos centros dun xeito próximo e ameno para o alumnado. A pesar de que mañá se inicia o prazo de inscrición do groso da programación, algunhas actividades seguen prazos diferentes. Os centros educativos interesados poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello www.coruna.gal/educacion.
"Con Coruña Educa despregamos unha gran oferta de actividades que cobren moi diversas áreas. É unha programación pensada minuciosamente polos servizos de Educación e en conversa cos pais e nais e o persoal dos centros para adaptármonos ás necesidades actuais dos nenos e nenas da Coruña. Trátase, en definitiva, de espertar o interese en cuestións fundamentais para o seu desenvolvemento académico e persoal", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.
Actividades de Coruña Educa 2026-2027:
Coruña de Aventura
Visitas escolares
Itinerarios
Rutas urbanas animadas
Espías no tempo
A Coruña das ciencias
Día da Ciencia na Rúa
Visitas a Museos Científicos
VI Concurso Imaxina Coruña
XXV Rebumbio Matemático
XX Feira Matemática
XVII Taller e Concurso galego de robótica "A maxia da robótica"
Concurso de Drons 2026
Converxencias Arte e Ciencia
A Coruña Cultural
XXXVI Mostra de Teatro Escolar
V Cinema na Escola
Chorus
Visitas ás Bibliotecas Municipais
Visitas ás Casas Museo
Todo Público (teatro para centros escolares)
Son Futuro (programa educativo da OSG)
Tambores de Aventuras (historia da música militar)
A Coruña Tardes
Cóxegas
Arte e Cultura no Centro
Deporte no Centro
Idiomas no Centro
Chorus-Concerto pola Paz (actividade extraescolar)
Campacoles (verán 2027)
Natación Escolar
Actividades complementarias adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario
A Coruña no Mundo
VI Intercambio Escolar Eixo Atlántico
Bolsas Norteamérica 2026/2027
Idiomas do Mundo (verán 2027)
A Coruña Participar
Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC)
Pleno Infantil
Antenas de Información Xuvenil
A Coruña Orienta
Servizos do Centro Municipal de Información Xuvenil (visitas a centros, visitas aos espazos de información xuvenil, información sobre recursos de mobilidade na mocidade e visita á nave do Metrosidero).
Seminarios de motivación para a búsqueda de emprego
Programa Inicia
Proxecto Semente
A Coruña Linguas
Falamos Secundaria
Fomento da lingua galega na REIM
A Coruña Vial
Coruña Diversa
Os parruliños coñecen a rúa
Rodando pola cidade de cristal
Coñecer o Centro Integral de Mobilidade (CIMOB)
Actividade de mobilidade segura compartida con Avoas e avós e netos e netas
A mobilidade na adolescencia
Camiños Escolares Seguros (ANCAS)
Aulas activas de seguridade viaria
Concurso de cartas e debuxo "Agora imos camiñando ao cole
A Coruña Saúde
Data Fórum Escolar
Free Style People (prevención do acoso escolar)
Seminario "As artes ao servizo da diversidade educativa"
Axente Tutor. Acoso escolar e prevención das adiccións
A máscara das drogas
A mellor estratexia do xogo
A rede e as súas redes (prevención de riscos en internet)
Atrápache o molde? (promoción do pensamento crítico e prevención da manipulación mediática)
Con-Tacto con palabras (promoción da saúde mental no ámbito escolar)
Enredos na rede
Fuga de cerebros: Habilidades sociais fronte ás adiccións
Infiltrados na rede
Iso xa non é unha broma (prevención do acoso escolar)
O valor do "Non, eu paso!"
Obradoiro de prevención no uso de internet, redes sociais e xogos interactivos
Prevención, abordaxe e xestión de conflitos
Videoxogos e o seu dominio
A cara oculta da lata (bebidas enerxéticas e alcol)
Cortinas de fume (riscos do tabaquismo e o vapeo)
A Coruña Consumo
Visita o teu mercado
Alimentación e consumo
As/os menores e o consumo
Compras seguras
Dereitos de deberes das persoas consumidoras
Consumo responsable das tecnoloxías
Publicidade e consumo
Consumo consciente, colaborativo e responsable
A Coruña Ambiental
A ruta da auga
Enerxía e cambio climático
Mobilidade sostible
O aire que nos rodea
Residuos urbanos na Coruña
"Vexo, Vexo", biodiversidade na Coruña
Animais na cidade
Ecosistemas mariños e litorais
Sostenibilidade no fogar
A Coruña en Igualdade
Obradoiro "Aprender igualdade creando" (I e II)
Obradoiro "Xogos e historias para medrar en igualdade"
Foros de debate: "Pensar en igualdade con amplitude de miras"
Obradoiros de saúde afectivo-sexual
Accións educativas
Torneo de xadrez "Pequenos Xigantes"
Semana de prevención de bombeiros
Concurso de postais de Nadal 2027
"De aquí coma ti": Hockey Club Liceo
Ópera para nenos e nenas

8 de septiembre de 2026

7 de septiembre de 2026

2 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible