5 de septiembre de 2026
A intervención ten como obxectivo crear unhas condicións favorables para a realización de visitas ao xacemente arqueolóxico, ao mesmo tempo que se recuperan as condicións do recinto
O Concello avanza cos preparativos para comezar os traballos, xa adxudicados, de mellora da accesibilidade, cierre perimetral, tratamento de fachadas e instalación de soportes para paneles interpretativos no xacemento arqueolóxico do convento de San Francisco, unha das maiores xoias patrimoniais do núcleo histórico da cidade, que ten a súa orixe nos mesmos inicios da Coruña. A edificación foi inicialmente construida extramuros, fora da antigua fortificación, pero foi incluída dentro do sistema defensivo tras o reforozo militar da cidade emprendida por Felipe II. Esta intervención está enmarcada dentro dos esforzos do Goberno de Inés Rey por mellorar as condicións de todos os elementos arqueolóxicos e patrimoniais da cidade, dándolles un lugar central na oferta cultural e divulgativa.
"A Coruña é unha cidade chea de historia, e aí o Concello ten unha responsabilidade para co patrimonio, que son un recordo da nosa orixe. É unha responsabilidade coa que estamos a cumprir, tanto aquí como noutros puntos de grande interese como é o Castro de Elviña. Recuperar o patrimonio e facer unha cidade máis dinámica culturalmente e máis educada na súa historia", subliñou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín.
Co proxecto preténdense facilitar as visitas ao xacemento, tanto de xeito individual como en grupos, á vez que estas se compatibilicen cos criterios de protección e conservación do xacemento arqueolóxico. Tamén ten por obxecto mellorar as condicións de comprensión e interpretación dos restos arqueolóxicos por parte dos visitantes.
A actuación inclúe prolongar o pavimento de laxas de pedra entre o zócalo do edificio e a posición do novo peche do xacemento que se expón, a limpeza e acondicionamento das fachadas da Igrexa da Orde Terceira e a medianeira do museo Militar que limitan co xacemento e os machones de pedra que aínda se conservan da nave central da igrexa do antigo convento, así como a consolidación da coroación do muro que une o torreón da igrexa da Orde Terceira e o Museo Militar.
Ademais, procederase á substitución do enreixado das fiestras da medianeira do museo Militar por paneis metálicos e o arranxo da fachada para posteriormente pintala de xeito uniforme en cor escura, contribuíndo a mellorar a interpretación das estruturas de pedra que ten encostadas, ademais doutros arranxos de recuperación de elementos arquitectónicos concretos da contorna. Todas estas intervencións seguirán o criterio establecido para elementos patrimonias. É dicir, reversibilidade, mínima intervención, mínima interferencia cos restos arqueolóxicos e baixo impacto sobre a paisaxe.

4 de septiembre de 2026

2 de septiembre de 2026

31 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible