9 de junio de 2025
O programa municipal, que comezou en maio, continúa este luns, 9 de xuño, cun curso centrado na comercialización de produtos e servizos
O Concello da Coruña retoma este luns 9 de xuño o programa de formación para o autoemprego cun curso dedicado á comercialización e venda, e que se desenvolverá hoxe no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio e se desenvolverá ata o venres 13, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Trátase da segunda acción dun ciclo formativo que arrancou o pasado mes de maio co curso de elaboración dun plan de empresa, o cal xa finalizou.
A concelleira de Emprego, Diana Cabanas, salientou que "a través desta programación formativa queremos acompañar e apoiar as persoas con iniciativa emprendedora ofrecéndolles ferramentas prácticas para construír proxectos viables e sustentables". Cabanas destacou tamén a boa acollida do curso inicial e animou a cidadanía a participar nas próximas edicións.
No marco desta iniciativa, impulsada desde o Concello da Coruña a través da área de Emprego e Empresa, están previstos ata outubro varios cursos gratuítos centrados nas necesidades actuais das pemes e dos proxectos de autoemprego:
Todas as sesións terán lugar no Centro Accede Papagaio, situado na praza Papagaio s/n, e están orientadas a mellorar a formación de persoas que desexen iniciar un proxecto empresarial ou consolidar o seu negocio.
As inscricións e máis información están dispoñibles nas webs municipais Empleo e Accede Papagaio , ou no teléfono 981 189 887.
Este programa forma parte da estratexia municipal para o fomento do emprego e o impulso da actividade económica local. A planificación e posta en marcha destas accións encádranse na política de apoio ao emprendemento desenvolvida durante o actual mandato, no marco do proxecto de cidade promovido polo Goberno de Inés Rey, comprometido coa dinamización económica e a mellora da empregabilidade.

29 de noviembre de 2025

23 de noviembre de 2025

23 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible