Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de outubro de 2025

Inés Rey: “Cada proxecto que mellora un espazo urbano e crea emprego é un avance para a cidade”

A alcaldesa participou este xoves na inauguración da ampliación de Marineda City, unha actuación que xerou arredor de 800 empregos e recupera un ámbito clave para a vida diaria da veciñanza

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este xoves na inauguración da ampliación do centro comercial Marineda City, unha intervención que permitiu a recuperación integral dun dos espazos máis transitados da cidade e que supón a creación de arredor de 800 empregos directos e indirectos.

"Cada proxecto que mellora un espazo urbano e crea emprego é un avance para a cidade. O importante non é a superficie, senón o impacto real que ten na vida das persoas", sinalou a rexedora durante o acto institucional, no que estivo acompañada por representantes das administracións local, autonómica e estatal, así como da empresa promotora.

A intervención prolongouse durante dous anos e contou cun investimento de 35 millóns de euros. Rey destacou a importancia de contribuír á dinamización económica da cidade para fomentar a creación de emprego e a mellora da calidade de vida da cidadanía. 

No acto participaron, xunto á alcaldesa Inés Rey, o conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos López-Prado; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a xerente de Marineda City, Purificación Berdejo; o conselleiro delegado de MERLIN Properties, Ismael Clemente; así como representantes de L35 Arquitectos, estudo responsable do deseño da ampliación.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión