Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de junio de 2026

O Concello avanza coas actuacións do Plan de barrios na Agra do Orzán e adxudica as obras de humanización da rúa Páramo

En paralelo, o Goberno municipal avanza cos trámites para acometer as melloras de accesibilidade previstas na rúa Agra do Orzán, actualmente en fase de licitación

O Concello adxudicou as obras de humanización da rúa Páramo, unha actuación que suporá un investimento de 280.000 euros e que lle permitirá ao Goberno de Inés Rey dar un paso máis na súa folla de ruta na Agra do Orzán, ao abeiro da primeira fase do Plan de barrios 2025-27.

Os traballos en Páramo -concretamente, no seu treito norte ata a intersección con Canceliña- serán executados pola empresa Citanias, que se encargará de reurbanizar o conxunto da rúa para que esta gañe máis accesibilidade, un aspecto fundamental nun barrio tan compacto urbanisticamente como é a Agra. 

A ampliación e renovación dos espazos peonís será unha das medidas máis destacadas da intervención. Disporanse pavimentos diferenciados entre beirarrúas e calzada co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e visibilizar os espazos de paso das persoas viandantes. Ademais, tamén se prevé a plantación de máis arboredo para reverdecer a rúa alí onde non existan servizos subterráneos.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, subliñou a importancia de que o barrio da Agra do Orzán, un dos máis densamente poboados de Galicia, "dispoña de máis espazos públicos, adaptados ás necesidades da veciñanza e que teñan en conta aspectos clave como o paso de persoas con mobilidade reducida". As melloras na rúa Páramo lévanse a cabo baixo esta premisa.

En licitación as actuacións previstas na rúa Agra do Orzán

Ademais da rúa Páramo, o Concello ten abertos os trámites de contratación das obras para mellorar a accesibilidade na rúa Agra do Orzán, onde se humanizará a intersección entre a rolda de Nelle e as rúas Meira, Bellavista e Ramón María Aller. O Executivo local estima que se investirán 220.000 euros nestoutra actuación, que seguirá un patrón moi semellante ao que se executará en Páramo.

Noemí Díaz fixo fincapé na implicación do Goberno municipal para que as infraestruturas e rúas do barrio gañen calidade urbana e contribúan tamén a revitalizalo: "As humanizacións teñen un impacto moi positivo á hora de visibilizar e dinamizar o pequeno comercio, fomentando tamén a apertura de novos negocios e a mobilización de baixos sen uso. Así o constatamos en percorridos como a Rolda Peonil e a rúa San Andrés, por exemplo".

Neste sentido, a intervención na rúa Agra do Orzán, unha das principais arterias do barrio en termos de mobilidade, susténtase baixo esa perspectiva.

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión