Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2026

O Concello e a Audiencia Provincial acollerán dúas vistas xudiciais simuladas coa participación de alumnado de primaria e secundaria como parte do DATAfórum 2026

A primeira actividade terá lugar o 1 de outubro na Audiencia Provincial, e a segunda o próximo 14 de outubro no Salón de Plenos de María Pita

A Audiencia Provincial e o Concello acollerán dúas simulacións de vistas xudiciais os días 1 e 14 de outubro, como parte da programación preliminar das actividades do Datafórum 2026, encontro organizado polo "Ministerio de la Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes", a Universidade da Coruña e o Concello, en colaboración co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se celebrará do 21 ao 23 de outubro en Palexco.

Na primeira actividade, que se celebrará a partir das 10.30 horas na Audiencia Provincial, participarán un centenar de alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, que asumirán diferentes roles dentro da representación e poderán coñecer de primeira man como se desenvolve unha vista xudicial e cales son as funcións dos distintos profesionais que interveñen nela, entre eles avogados, profesionais da medicina forense, policías e membros do equipo técnico. As letradas da acusación e a defensa serán alumnas do Máster da Avogacía.

"Para a cidade é un orgullo acoller eventos de alcance nacional como o DATAfórum, que é unha referencia no ámbito da xustiza e traerá á Coruña un cartel inmellorable de profesionais do campo que achegarán os seus coñecementos á cidadanía, incluídos os nenos e nenas dos nosos centros educativos", apuntou a alcaldesa, Inés Rey. 

Xunto ao alumnado participarán tamén profesionais da Administración de Xustiza e doutros ámbitos relacionados coa protección das vítimas e a investigación e persecución dos delitos, que contribuirán a achegar aos estudantes a realidade dun procedemento xudicial e as garantías que o rodean.

Ademais, o Salón de Plenos de María Pita será o próximo 14 de outubro, tamén a partir das 10.30 horas, o escenario doutra vista simulada, neste caso dun Tribunal de Convivencia que terá como participantes ao alumnado de Educación Primaria do CEIP Ramón de la Sagra, e que tamén será dirixido por unha maxistrada. 

Estas dúas iniciativas ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado sobre a violencia de xénero, tanto nas relacións presenciais como na contorna dixital, con especial atención ao uso das redes sociais. Así mesmo, pretende fomentar o respecto aos dereitos fundamentais, a igualdade entre mulleres e homes e o coñecemento do funcionamento da Administración de Xustiza.

A través destas experiencias prácticas, os estudantes poderán achegarse ás consecuencias xurídicas que poden ter determinadas condutas, especialmente durante a adolescencia, e comprender ao mesmo tempo as garantías que ofrece o proceso xudicial a todas as persoas implicadas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión