5 de junio de 2026
En paralelo, o Goberno de Inés Rey avanza cos traballos previstos na área de xogos da escola infantil do Ventorrillo, a primeira deste tipo que contará coa superficie totalmente cuberta
O Concello completou as melloras previstas no parque infantil da Palloza, unha intervención que permitiu renovar e modernizar a área de xogos, incorporando novos equipamentos e ampliando a súa capacidade en termos de persoas usuarias, ata 54 nenas e nenos.
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe da reapertura do parque, onde xa se efectuaron as inspeccións de seguridade que require a normativa, habituais neste tipo de casos.
Rey detallou máis polo miúdo as melloras levadas a cabo na Palloza, que supuxeron un cambio substancial na configuración deste espazo infantil con respecto á súa imaxe previa. Sumáronse diversas estruturas multixogo e tamén se renovou a superficie de paso, que anteriormente era de area e agora será de caucho.
Esta actuación permítelle ao Executivo local avanzar na execución da primeira fase do Plan de barrios 2025-27 e, neste caso, na folla de ruta prevista en Catro Camiños, un dos distritos da cidade onde a densidade de persoas usuarias de parques infantís é máis marcada. Por iso, e tamén ao longo deste mandato, o Concello ampliou a área de xogos da Fábrica de Tabacos e, máis recentemente, concretou melloras na área infantil de Puga y Parga.
"Temos o obxectivo de que, de aquí ao ano 2030, todas as familias da Coruña, vivan onde vivan, conten cun parque infantil a dez minutos ou menos da súa vivenda. E estamos traballando nesta liña, habilitando novos espazos de xogo e potenciando os xa existentes, pensando sempre no desfrute e a seguridade das familias e as súas crianzas", explicou Rey, que puxo como exemplo o futuro parque infantil cuberto do Ventorrillo, que xa está en fase de execución a carón da escola infantil do barrio.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible