Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de febrero de 2026

O Concello inicia esta noite a campaña no ocio nocturno para mellorar a convivencia entre hostalería e veciñanza

A iniciativa de concienciación desenvolverase durante as próximas fins de semana nas rúas con maior afluencia

O Concello da Coruña pon en marcha na noite deste venres unha nova campaña de concienciación cidadá ligada ao ocio nocturno, con presenza nas principais rúas con establecementos deste tipo. O obxectivo é o cumplimento de normas básicas de convivencia que repercutan positivamente tanto entre os locais de hostalería como na veciñanza. 

"Da man do sector e das asociacións de veciños/as, buscamos que a cidadanía e o ocio nocturno sexan exemplares en comportamento, impulsando esta iniciativa tan visual a pé de rúa", indicou a alcaldesa, Inés Rey. "Este é o teu sinal", é unha campaña de concienciación e sensibilización na que Concello, hostaleiros e asociacións veciñais van da man para promover condutas cívicas e responsables. Trátase dunha campaña moi gráfica con distintos sinais que lles lembren ás persoas usuarias dos locais de ocio e hostalería unha serie de normas básicas: non facer ruído na rúa (fóra dos establecementos), non saír á rúa con bebidas alcohólicas e non ouriñar nos espazos públicos.

Na presentación da campaña participaron diferentes asociacións veciñais e de hostalaría, ás que se lles foi entregado o material da campaña. Ademais, esta noite e durante as próximas fins de semana levarase a cabo unha acción a pé de rúa, con reparto de información e materiais entre as persoas usuarias destes espazos de ocio nocturno. Tamén se colocarán vinilos e cubos nas principais zonas da cidade o co obxectivo de que a campaña sexa visible durante todo o ano.

En marzo de 2025 o Concello puxo en marcha unha mesa de traballo para avanzar na convivencia entre veciños/as e hostaleiros/as en relación ao ocio nocturno. Esa mesa xeral derivou nunha mesa técnica para poder avanzar en materia normativa co obxectivo de que as persoas hostaleiras poidan desenvolver a súa actividade con seguridade xurídica, á vez que se respecte o descanso da cidadanía. As reunións xa finalizaron coas achegas de todas as partes e agora estase traballando nunha proposta desde o Concello, que se lle presentará proximamente ao sector.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión