Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de febreiro de 2026

Máis de 30 locais participan este inverno nas xornadas gastronómicas ‘Lacónicas’

Un total de 33 establecementos ofrecerán menús especiais de lacón con grelos do 6 de febreiro ao 8 de marzo

O concelleiro de Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a undécima edición das 'Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos', unha das citas culinarias máis importantes da cidade. Son 33 os establecementos que participarán desde o 6 de febreiro ata o 8 de marzo nas tamén coñecidas como 'Lacónicas'.

Ao acto de presentación, que tivo lugar na Taberna de Cunqueiro, asistiron diferentes persoas responsables dos establecementos hostaleiros participantes. "Estamos moi orgullosos da celebración destas xornadas gastronómicas, que non só poñen de relevo a excelente materia prima coa que traballan os restaurantes da cidade, senón tamén a boa sintonía que existe entre eles e o público, que cada ano agarda por estas xornadas tan beneficiosas para a nosa cultura gastronómica", recalcou o edil, que indicou que a promoción da gastronomía local é unha das estratexias establecidas por Inés Rey para proxectar a imaxe da cidade

Cada un dos 33 establecementos ofrecerán durante catro semanas menús especiais de lacón con grelos, un dos pratos estrela da cociña galega. Todos eles deberán estar elaborados, principalmente, con produtos de proximidade e de quilómetro cero. Cada menú estará conformado por un primeiro (sopa ou similar), un prato principal (lacoada) e unha sobremesa clásica (filloas e/ou orellas), ademais de incluír bebida e café (opcional). O prezo das propostas oscilará entre os 25 e os 50 euros por persoa.

Cabe destacar que hai establecementos que ofrecen menús con recollida no local ou mesmo con envío a domicilio.

Restaurantes participantes:

-       Restaurante La Marola (Hotel Zenit A Coruña)

-       A taberna de Cunqueiro

-       Restaurante Hünico

-       Galiur

-       Mahara Taberna Rock

-       Lois

-       Portela

-       Pío Pío Café Bar

-       Oliva

-       Federica Restaurante

-       Taberna O Freixo

-       La Tabarra

-       Marea Baja

-       La Cuchara Veggie

-       Asador Coruña

-       La Pérgola de Oído Cocina

-       Bodega Órdenes

-       Pesk-2

-       La.Con.Fusión

-       ACrunia

-       Restaurante ATTICA21

-       A Fuego Lento

-       El Invernadero

-       Ajetreo

-       A Sella Cervexería

-       Cosecha 81

-       O Muíño dos Leóns

-       Restaurante Bocalino

-       Restaurante Morriña

-       Gatopeixe

-       La Tribu

-       Con Dos Fogones

-       Bar Ciudad

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión