29 de agosto de 2025
O proxecto presentado pola Coruña á última convocatoria de axudas da Fundación Biodiversidade foi o mellor valorado do país, con máis de 80 candidaturas e por diante de cidades como Barcelona
O Concello vén de obter máis de dous millóns de euros en fondos europeos por parte da Fundación Biodiversidade, unha dotación económica coa que o Goberno de Inés Rey poderá dar un pulo ao seu plan para reverdecer diversos barrios da cidade e, desta forma, avanzar na creación ou ampliación de áreas verdes.
Meses atrás, o Concello presentouse á convocatoria de axudas destinadas ao fomento de actuacións dirixidas ao desenvolvemento e consolidación da infraestrutura verde, para a renaturalización e resiliencia das cidades españolas. Esta semana recibiuse a confirmación definitiva de que A Coruña contará con financiación e, ademais, sendo a urbe mellor valorada no proceso de puntuación que determinou ás entidades beneficiarias das subvencións en toda España.
Neste sentido, a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, apuntou que "á convocatoria concurriron máis de 80 candidaturas para obter financiación", das que só 12 foron aceptadas finalmente como beneficiarias. Entre elas, A Coruña, a primeira posicionada nun proceso de avaliación no que tamén estiveron cidades como Barcelona, Salamanca, Vigo e Castellón, entre outras.
"Isto permitiranos poñer en marcha diversas iniciativas para reverdecer barrios da Coruña que, pola súa configuración urbana, necesitan espazos públicos máis osixenados e medioambientalmente máis sostibles", explicou Díaz.
A previsión é que as actuacións previstas se executen entre os anos 2026 e 2028, "sendo consensuadas previamente coa veciñanza de cada distrito antes de que se executen, co obxectivo de adecuar as intervencións á realidade e necesidades dos barrios nos que se intervirá", agregou a concelleira.
Díaz lembrou que 'Coruña Verdea', o proxecto que o Concello presentou a esta convocatoria da Fundación Biodiversidade, tivo na participación cidadá un dos seus eixos fundamentais para configurar as propostas que se presentaron para obter fondos FEDER. A este respecto, o proxecto recibiu cartas de apoio de diversas AAVV e entidades veciñais da cidade, que sustentaron a necesidade destas medidas para revitalizar e naturalizar barrios da Coruña que precisan de máis espazos verdes.

27 de noviembre de 2025

16 de noviembre de 2025

13 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible