Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de agosto de 2026

O Concello reforza a seguridade viaria na contorna do CEIP Fernández Latorre con renovación da sinalización e ampliación de beirarrúas e valados

A actuación dá resposta a unha demanda dos pais e nais do colexio e busca delimitar con máis claridade as zonas de tránsito nun punto onde conflúen vehículos e peóns nas horas de entrada e saída do centro

O Concello está a levar a cabo varias actuacións na contorna do CEIP Fernández Latorre para mellorar a seguridade peonil da área. Nas últimas semanas, os servizos municipais pintaron as zonas de circulación de vehículos para contribuír á ordenación do tráfico, ademais de renovar a sinalización. Estas accións englóbanse dentro do plan xeral de melloras do Goberno de Inés Rey na rede dos CEIP e as súas contornas -o Concello investirá en 2026 máis de 1,7 millóns en labores de mantemento e 2,7 millóns en actuacións adicionais nos colexios-.

Actualmente, os equipos traballan nunha ampliación da beirarrúa no acceso ao colexio e á colocación de valado para separar os viandantes dos coches. Esta actuación dá resposta a unha demanda xeral dos pais e nais, nunha zona especialmente sensible nas horas de entrada e saída de clase, por confluír unha grande afluencia de peóns, moitos deles nenos e nenas, e de vehículos.

"Esta intervención era moi necesaria para poder garantir a seguridade durante o acceso e saída do centro. É esencialmente unha operación que busca delimitar claramente os itinerarios peonís e os dos vehículos e que reforza, ao mesmo tempo, o equipamento da área para evitar posibles accidentes", apuntou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín.

Ademais, esta actuación tamén se suma ás accións levadas a cabo polo Concello para reforzar a seguridade viaria e peonil en zonas con grande afluencia de nenos e nenas. Tamén neste marco se está a renovar e ampliar o sistema de "ras", as pequenas siluetas que marcan no chan os itinerarios seguros que os nenos e nenas deben seguir para chegar camiñando á casa despois da clase; un sistema amplamente implantado en varias cidades e que ten como obxectivo facilitar que incluso os rapaces e rapazas máis pequenos non saian das zonas seguras de tránsito para os peóns.

"A seguridade dos máis pequenos é un factor esencial que cómpre ter en conta cando se fala da ordenación do tránsito na cidade. Por iso levamos a cabo iniciativas que faciliten moverse polas rúas sen medo e que lle trasladen, ademais, á cidadanía de todas as idades, a importancia de cumprir coa normativa para previr accidentes", apuntou a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz. 

Compromiso cos colexios

O Concello ten actualmente en marcha numerosas actuacións na rede de CEIP da cidade, co obxectivo de modernizar as instalacións e garantir o bo funcionamento de todos os centros. 

Este verán completáronse actuacións como a da nova área infantil do CEIP Concepción Arenal, unha remodelación integral que supuxo un investimento de 70.000 euros, ou a renovación do patio do CEIP Emilia Pardo Bazán, coa colocación de máis de 350 metros cadrados de céspede e a rehabilitación de pavimentos. Ademais, están en marcha outros proxectos como a renaturalización do patio do María Barbeito, cun investimento de 150.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión