Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de abril de 2026

O Concello reforza o seu compromiso co deporte cun aumento das subvencións ata os 450.000 euros en 2026

A elevada demanda rexistrada na convocatoria anterior avala o incremento municipal que medra un 12,5% respecto aos 400.000 euros de 2025

O Concello da Coruña vén de aprobar a convocatoria de subvencións deportivas para o ano 2026, cun orzamento total de 450.000 euros, o que supón un incremento de 50.000 euros respecto ao exercicio anterior. Este aumento responde á elevada demanda rexistrada na convocatoria de 2025, na que numerosas entidades deportivas da cidade optaron a estas axudas, consolidando esta liña como unha ferramenta clave de apoio ao tecido deportivo local.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou que "o incremento do investimento é unha resposta directa ao traballo, dinamismo e ao compromiso das entidades deportivas da Coruña, que ano tras ano presentan proxectos de gran calidade e cun importante impacto social, deportivo e económico".

Na edición anterior, a convocatoria permitiu financiar ampla variedad de iniciativas como a Travesía a nado ao dique Barrié, a carreira popular San Silvestre, o Trofeo internacional Ferenc Szabo de halterofilia ou eventos como o Open de boxeo Cidade da Coruña, desde a actividade ordinaria de clubs de base ata a organización de eventos deportivos de relevancia na cidade, así como a participación de equipos coruñeses en fases de ascenso e competicións de alto nivel. Este respaldo contribuíu á proxección do deporte local e ao fortalecemento da base deportiva.

A convocatoria de 2026 mantén as tres liñas principais de apoio:

  • Actividade deportiva ordinaria, tanto federada como de deporte para todos.
  • Organización de eventos deportivos extraordinarios
  • Participación en competicións derivadas de resultados deportivos destacados

O importe das axudas poderá cubrir ata o 80% do custo das actividades subvencionadas, sendo necesario que as entidades conten cun mínimo do 20% de financiamento propio . Ademais, cada entidade poderá solicitar ata dúas subvencións para diferentes proxectos.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 7 de abril e rematará o 20 de abril, ambos incluídos, cun total de 10 días hábiles, e deberá realizarse a través da sede electrónica municipal tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica municipal nun prazo de dez días hábiles desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, agás no caso da liña destinada ás fases de ascenso ou competicións finais, que contará cun prazo específico no mes de maio .

A través desta convocatoria, enmarcada na estratexia de impulso ao deporte base e á actividade física promovida polo Goberno de Inés Rey, o Concello continúa reforzando o apoio ao tecido asociativo deportivo e á dinamización da práctica deportiva na cidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión