Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de marzo de 2022

O Concello sinala o machismo estrutural da sociedade na súa campaña polo Día Internacional das Mulleres

A programación comezará o luns 7 e estenderase ata o 31 de marzo, con charlas, ciclos de cine, actividades educativas, andainas e mesas redondas

O Concello da Coruña busca sinalar temas que forman parte do machismo estrutural existente en diferentes ámbitos da sociedade e pasan desapercibidos a través da súa campaña polo Día Internacional das Mulleres do 2022. A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira, presentou este venres a programación completa, que comezará este mesmo luns, día 7, e finalizará o 31 de marzo.

O deseño da campaña do 8-M procura centrarse en todas as mensaxes erróneas e negativas que abordan ás mulleres desde os seus primeiros anos por diferentes motivos como a súa idade, o seu aspecto, a súa raza ou etnia... Esta campaña está formada por catro mensaxes sobre catro das ditas cuestións baixo o lema 'Importa e moito'.

"Este tipo de información que chega ás mulleres máis novas evidencia unha gravísima realidade sobre a hipersexualización das nenas que acaban relacionando o éxito cos seus atributos físicos e anulando outras calidades persoais ou profesionais", apuntou Yoya Neira durante a presentación da campaña.

O Concello da Coruña, dentro das políticas de igualdade impulsadas por Inés Rey, organiza este 2022 polo Día Internacional da Muller unha programación moi variada que se estenderá ata o 31 de marzo. Entre os actos da celebración destaca o ciclo de charlas 'Importa e moito', tanto en diferentes espazos da cidade como en liña. Abordará diferentes temas como a educación, o ciberactivismo, a sexualización das adolescentes... Haberá tamén puntos de información do Pacto Social por unha Coruña libre de violencias machistas e caixas de correo de Igualdade 'Moito por valorar', nos que as persoas interesadas poderán depositar as súas opinións ou reflexións sobre os temas centrais da campaña.

No eido cultural, destaca a celebración de diferentes obras de teatro de temática feminista no Rosalía de Castro e no centro cívico dos Mallos ou o ciclo de cine 'Retallos de muller' no Fórum Metropolitano. Por outro lado, a X Carreira Popular Hércules e a II Andaina solidaria 'Importa e moito' destinará o recadado coas inscricións a causas relacionadas coa loita contra o machismo. Por outra banda, haberá actividades educativas nos espazos de atención á infancia e na escola intercultural e unha mesa redonda no centro sociocultural Ágora baixo o título 'A creación galega en feminino arredor do 8-M'.

Podes consultar a programación completa na nosa páxina web: coruna.gal/igualdade.

Documentos:

Programación Completa (133 KB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión