23 de febrero de 2016
O filme, producido polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración co Planetario de Pamplona e o Parc Astronòmic Montsec Ager de Lleida, exhibirase en dous pases os sábados, domingos e festivos
O Planetario da Casa das Ciencias estrea mañá, ás 19.00 horas, Nas ás da noite, un documental sobre as migracións das aves, que desde este domingo pasará a formar parte da programación, con proxeccións os sábados, domingos e festivos ás 13.00 e 18.00 horas. A obra, recomendada a partires dos 12 anos, desenvólvese en varias escenas que percorren a historia do coñecemento das viaxes migratorias, os mecanismos que empregan as aves para guiarse ou a íntima relación dalgunhas delas co firmamento nocturno.
A produción combina animacións dixitais e secuencias en vídeo a toda cúpula, gravadas en diversos espazos naturais de Europa, desde os fiordes noruegueses ou os pantanos de Diepholz, en Alemania, ata os principais humidais da península ibérica.
O proxecto, que está financiado pola convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación 2014, foi producido polos Museos Científicos Coruñeses, o Planetario de Pamplona e o Parc Astronòmic Montsec Ager, en Lleida , e contou coa participación de media ducia de museos científicos do Estado e do Exploratorio–Centro Ciência Viva de Coimbra (Portugal) e o Museum am Schölerberg Planetarium de Osnabrück, Alemania.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible