Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de febreiro de 2016

O Planetario estrea mañá o documental sobre migracións das aves ‘Nas ás da noite’, que se incorporará ao programa de proxeccións

O filme, producido polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración co Planetario de Pamplona e o Parc Astronòmic Montsec Ager de Lleida, exhibirase en dous pases os sábados, domingos e festivos

O Planetario da Casa das Ciencias estrea mañá, ás 19.00 horas, Nas ás da noite, un documental sobre as migracións das aves, que desde este domingo pasará a formar parte da programación, con proxeccións os sábados, domingos e festivos ás 13.00 e 18.00 horas. A obra, recomendada a partires dos 12 anos, desenvólvese en varias escenas que percorren a historia do coñecemento das viaxes migratorias, os mecanismos que empregan as aves para guiarse ou a íntima relación dalgunhas delas co firmamento nocturno.

A produción combina  animacións dixitais e secuencias en vídeo a toda cúpula, gravadas en diversos espazos naturais de Europa, desde os fiordes noruegueses ou os pantanos de Diepholz, en Alemania, ata os principais humidais da península ibérica.

O proxecto, que está financiado pola convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación 2014, foi producido polos Museos Científicos Coruñeses, o Planetario de Pamplona e o Parc Astronòmic Montsec Ager, en Lleida
, e contou coa participación de media ducia de museos científicos do Estado e do Exploratorio–Centro Ciência Viva de Coimbra (Portugal) e o Museum am Schölerberg Planetarium de Osnabrück, Alemania.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión