Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de enero de 2026

O Teatro Colón reunirá nos próximos meses destacadas actuacións de músicas de autor

Pedro Guerra e Javier Álvarez, Diana Navarro, Silvana Estrada e a celebración do 30 aniversario de Cuac FM serán as cita destacadas ata xuño

O Teatro Colón converterase nos vindeiros meses nun punto de encontro para amantes da música de autor, cunha programación que traerá a artistas de referencia nacional e internacional. As entradas para todos os concertos xa están dispoñibles na plataforma Ataquilla.com e no despacho de billetes da praza de Ourense. "A programación do Teatro Colón reflicte o compromiso do Goberno de Inés Rey por achegar á cidadanía propostas culturais de primeiro nivel. Queremos que A Coruña siga sendo un referente cultural, con espectáculos que combinan talento local e artistas recoñecidos a nivel nacional e internacional", sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

O 6 de marzo (20.30 horas) estarán no Teatro Colón Pedro Guerra e Javier Álvarez, dous nomes esenciais da canción de autor dos 90 volven xuntos ao escenario para celebrar unha complicidade musical única. Pedro Guerra e Javier Álvarez revisitarán temas emblemáticos das súas carreiras e presentarán novas sinerxías nun concerto íntimo e vibrante, cheo de emoción, humor e tenrura. Unha oportunidade irrepetible para gozar de dúas voces que marcaron época.

A artista malagueña Diana Navarro (21 de marzo, 20.30 horas) celebra 20 anos de carreira coa xira "Ya no estoy sola", un espectáculo que percorre copla, neocopla, zarzuela e flamenco, estilos que definiron a súa traxectoria. Sons icónicos como 'Sola', 'El perdón' ou '24 rosas' mestúranse con novas composicións nunha proposta que é homenaxe e renovación ao mesmo tempo.

Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña celebrará o 27 de marzo (20.30 horas) as súas tres décadas de existencia cunha noite especial no Teatro Colón. Sobre o escenario estarán Silvia Penide e César de Centi, artistas locais vinculados á emisora, xunto a Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, que conmemoran tamén os seus dez anos de carreira cun novo disco cheo de colaboracións. Unha cita que promete música, emoción e algunha sorpresa para lembrar.

Por último, a cantautora mexicana Silvana Estrada, gañadora do Latin Grammy a Mellor Nova Artista, presentará o 13 de xuño (21.00 horas) o seu novo álbum "Vendrán Suaves Lluvias", unha obra íntima e luminosa que explora o renacemento creativo tras a perda. Cunha voz única e unha sensibilidade poética que a sitúan como referente da música latinoamericana actual, Silvana ofrecerá un concerto hipnótico e cargado de beleza.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión