Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de marzo de 2026

O Teatro Rosalía de Castro acollerá a estrea absoluta de ‘Artur Ui, o ovo da serpe’, a nova obra de Talía Teatro

As derradeiras entradas para as funcións do 13 e 14 de marzo continúan á venda

O Teatro Colón da Coruña acolleu este mércores a presentación da nova obra de Talía Teatro, 'Artur Ui, o ovo da serpe', unha adaptación de 'A resistible ascensión de Artur Ui', de Bertolt Brecht. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, estivo presente no acto, acompañado polo director do teatro, Paulo Rodríguez. Tamén participaron Jacobo Sutil, director do AGADIC, Artur Trillo, director de Talía Teatro e actor, e Quico Cadaval, director do espectáculo.

"Desde o Goberno de Inés Rey apostamos, unha vez máis, por ser referentes no eido teatral da man de estreas absolutas do noso teatro a través dun ciclo como o Principal que está máis que consolidado como referente no noso país", sinalou Gonzalo Castro. O Teatro Rosalía de Castro acollerá a estrea absoluta desta nova obra dentro da programación do Ciclo Principal de Primavera. A estrea terá lugar o venres 13 e sábado 14, ás 20.30 horas. As últimas entradas están á venda en Ataquilla, na praza de Ourense e, o mesmo día da función, no despacho de billetes do Teatro.

O espectáculo 'Artur Ui, o ovo da serpe', ofrece unha lectura crítica, irónica e contemporánea do auxe dos autoritarismos. Talía Teatro aposta por un formato de gran envergadura, involucrando todo o seu elenco e incorporando novos colaboradores en ámbitos como a dramaturxia, a videocreación ou o movemento escénico.

A proposta procura conectar co presente mediante a utilización das ferramentas do teatro épico. Recollendo o espírito de Brecht, a montaxe explora como o fascismo medra e se estende grazas á complicidade, á banalización e á tibieza das institucións e da cidadanía. A obra retrata este proceso como unha parábola criminal: o ascenso dun líder mafioso que, a través de chantaxes, extorsións e control social, consegue introducirse nas estruturas de poder.

Nesta versión, a acción trasládase a un Extremo Oriente estilizado, afastándose da Chicago brechtiana e ofrecendo unha estética inspirada no cinema, o anime ou a banda deseñada. A intención é crear un espazo ficcional que resulte exótico e atractivo, mais que ao mesmo tempo funcione como espello do que podería ocorrer "pasado mañá" se non se mantén a alerta fronte aos discursos autoritarios. A mestura de humor, violencia, sofisticación visual e crítica política constrúe unha atmosfera que interpela directamente o público.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión