18 de noviembre de 2025
A cidade da Coruña forma parte da asociación grazas ao recoñecemento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recolleu este luns o primeiro Premio Patrimonio Mundial Federico Mayor Zaragoza, concedido á Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial, da que A Coruña ostenta a vicepresidencia como custodio da Torre de Hércules, único faro romano en funcionamento e patrimonio mundial da UNESCO. A cerimonia tivo lugar na Galería das Coleccións Reais de Madrid e o galardón é unha iniciativa da Asociación para a Difusión e Promoción do Patrimonio Mundial de España.
"É un orgullo que unha entidade da que A Coruña forma unha parte destaca reciba este premio co firme compromiso de seguir traballando por un patrimonio vivo, aberto e capaz de guiarnos cara novos horizontes", indicou Castro durante a súa intervención na gala. O premio leva o nome de Federico Mayor Zaragoza, presidente do consello asesor da Fundación Adiprope e ex director xeral da UNESCO.
A cerimonia contou con 250 representantes da cultura, sociedade, do mundo empresarial e de medios de comunicación especializados. O premio reforza o papel da Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial e a participación da Coruña nesta entidade.
A Coruña acadou en abril deste ano a vicepresidencia da Alianza no primeiro Foro Europeo de Xestores de Sitios Patrimonio Mundial, celebrado na Alhambra de Granada. Na actualidade, forman parte da Alianza un total de 12 enclaves españois e un portugués. A nivel galego, está representada A Coruña. No caso coruñés, a cidade pertence a esta agrupación desde o ano 2009, cando a Torre de Hércules foi nomeada pola UNESCO como Patrimonio Mundial.

26 de noviembre de 2025

25 de noviembre de 2025

18 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible