Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de febrero de 2026

Os taxistas da Coruña poderán comezar a dar servizo no aeroporto de Alvedro o 16 de marzo

A alcaldesa, Inés Rey, que hoxe asinou o convenio de colaboración coa Xunta e o Concello de Culleredo, destacou que se trata dun primeiro paso para dar un mellor servizo aos cidadáns

O Concello asinou hoxe o convenio de colaboración coa Xunta e o Concello de Culleredo que permitirá que os taxis da Coruña comecen a prestar servizos desde o aeroporto de Alvedro, unha demanda histórica dos sucesivos gobernos da cidade que finalmente se materializou a través dun documento que é, segundo a alcaldesa Inés Rey, «un primeiro paso na boa dirección». 

A partir do 16 de marzo, a cola de taxis á saída do aeroporto estará composta por dez taxis de Culleredo seguidos doutros cinco da Coruña e, finalmente, outros quince de Culleredo. Ademais, ata 30 taxis da Coruña poderán permanecer estacionados como parte da bolsa de reforzo, e poderán facer traxectos en caso de que a demanda existente asío o requira. A duración inicial do convenio será de catro anos, cunha posibilidade de prórroga doutros catro, sempre e cando haxa acordo entras as partes. 

"Un aeroporto que lle dá servizo a unha área metropolitana de máis de 400.000 habitantes, ademais de centos de miles de turistas, ten que estar dotado das mellores comunicacións. O servizo de taxis da Coruña está preparado para axudar a conseguir este obxectivo coa súa frota, e é preciso que poda atender as necesidades do aeroporto para dar un bo servizo aos usuarios de Alvedro", subliñou Inés Rey.

Comisión de seguimento 

Para garantir o cumprimento do acordo, formarase unha comisión mixta na que terán voz e voto representantes das tres institucións participantes. Tamén poderán solicitar intervir (con voz pero sen voto) representantes de Aena e das asociacións de taxis de ambos os concellos. 

"O convenio asinado hoxe coa Xunta e o Concello de Culleredo é un paso importante na boa dirección, aínda que cremos que non é suficiente, e que se necesitan solucións máis ambiciosas a longo prazo. Mais o acordo supón un avance. A nós sempre nos encontrarán dispostos a falar e a colaborar con todas as administracións, de calquera signo político, cando o que está en xogo é o benestar da cidadanía", engadiu a alcaldesa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión