6 de abril de 2026
O tráfico desviarase por rutas alternativas de entrada e saída, desde as 23.00 ata as 6.00 h, as noites do 7 ao 8 e do 8 ao 9 de abril
O Concello está a executar as obras de renovación da pasarela entre as estacións de bus e tren. Por iso, e para garantir a seguridade do persoal traballador e das persoas usuarias, producirase o corte total da avenida de Alfonso Molina (AC-11) nese punto durante os traballos, que serán integramente en horario nocturno para minimizar as afeccións ao tráfico: os cortes serán durante as noites do martes 7 ao mércores 8 e do mércores 8 ao xoves 9 de abril; entre as 23.00 h dun día e as 06.00 h do seguinte. No horario de cortes tamén permanecerá pechada a pasarela provisional por motivos de seguridade.
Para asegurar a fluidez do tráfico habilitaranse os seguintes itinerarios alternativos que estarán debidamente sinalizados e que suporán breves desvíos:
Saída da cidade: no sentido de saída da cidade os vehículos serán dirixidos cara á rolda das Estacións, a través da cal poderán circular para enlazar novamente coa avenida de Alfonso Molina.
Entrada á cidade: en sentido entrada os vehículos poderán acceder a través da rolda de Outeiro.
Durante as noites nas que se producirán as restricións de tráfico, levaranse a cabo os traballos de izado e montaxe do van central da pasarela e as ramplas laterais.
A pasarela entre estacións foi desmontada integramente para sometela a un proceso de renovación que culmina estos días. Unha vez instalados os elementos da nova estrutura levaranse a cabo os traballos para rematala e poder abrila nas vindeiras semanas, retirando tamén o paso provisional situado en paralelo e que da servizo durante o proceso mellora do paso orixinal.

5 de abril de 2026

2 de abril de 2026

2 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible