Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de abril de 2026

A vindeira semana comezan as obras do primeiro parque infantil cuberto da cidade, no Ventorrillo

O Concello investirá un millón de euros nun proxecto pioneiro que permitirá aos nenos e nenas xogar a resgardo das condicións meteorolóxicas

A vindeira semana darán comezo os traballos do novo parque infantil do Ventorrillo, que se converterá no primeiro parque cuberto da cidade, un proxecto pioneiro que permitirá aos nenos e nenas xogar a resgardo das condicións meteorolóxicas en inverno e protexerse tamén do sol no verán.

"A nosa idea de levar as mellores infraestruturas e espazos aos barrios da cidade sigue adiante, e este proxecto é só unha mostra diso. O que vai chegar ao Ventorrillo é un concepto de área infatil moderna, de vangarda, con mellor equipamento e con máis capacidade, non só para que poidan xogar máis, senon para que poidan xogar mellor. É un proxecto que xa levaba moito tempo encima da mesa e agora está moi preto de facerse realidade", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

A área infantil contará con catro cubertas lixeiras de policarbonato para cubrir o parque. Tal e como detallou a alcaldesa, a superficie pasará dos 400 metros cuadrados actuais a 730. Coa mellora case se duplica o espazo. Tamén ascende o aforo, que pasará de 76 a 135 persoas usuarias. 

Ademais, renovaranse tanto o pavimento como os equipamentos que hai actualmente, sumando xogos inclusivos e sensoriais. Haberá dous novos tobogáns aproveitando o noiro lindeiro ao parque, semellantes aos existentes nos parques de Oza e Eirís. Esta actuación faise seguindo a folla de ruta do Plan de Barrios trazada polo Goberno local para levar melloras estruturais a todos os puntos da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión