7 de junio de 2025
Na proba participaron representantes de 24 países dos cinco continentes, entre eles os actuais campións olímpicos
A Coruña acolleu esta tarde de sábado a edición número 38 do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns - Trofeo Sergio Vázquez, a proba máis importante do mundo desta disciplina, que este ano contou coa participación de representantes de 24 países dos cinco continentes, ademais dos actuais campións olímpicos.
Toshikazu Yamanishi (01:18:15) e María Pérez (01:27:22) foron os gañadores da gran proba de 20 quilómetros nas categorías masculina e feminina. Yamanishi, de nacionalidade xaponesa, estivo acompañado no podio polo seu compatriota Matasora Kawano e polo mexicano Ricardo Ortiz, mentres que a María Pérez seguírona na clasificación xeral a mexicana Alegna González e a chinesa Li Peng, como segunda e terceira clasificada.
Por outra banda, na proba de 10 quilómetros os gañadores foron o chinés Congshan Bi e a colombiana Ruby Dayana Segura García, nas categorías masculina e feminina, respectivamente.
O Gran Premio Cantones, forma parte da World Walking Tour 2025 que se celebra a nivel mundial polas principais cidades do mundo en 23 probas. En función da categoría, existen varios niveles no que o máximo é a categoría ouro da que forma parte a proba coruñesa desde os seus inicios. Xunto A Coruña están nesa máxima categoría as cidades de Taicang (China), Dudince (Eslovaquia), Río Maior (Portugal) Varsovia (Polonia), Podebrady (República Checa) e Madrid.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de trofeos posterior á competición. "Desde o Goberno de Inés Rey mantemos a nosa aposta polos grandes eventos deportivos, como este Gran Premio de Marcha, referente absoluto que este ano volveu a gañar o distintivo de mellor proba do mundo", sinalou.

27 de junio de 2026

26 de junio de 2026

26 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible