Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de marzo de 2026

TRC Danza 2026 levará ao Rosalía 14 funcións de danza contemporánea, con compañías internacionais e unha estrea absoluta

O ciclo arrincará o vindeiro sábado 11 de abril con ‘Quiso negro’, de Ester Guntín

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a programación do ciclo TRC Danza 2026, que levará ao Teatro Rosalía de Castro 14 obras contemporáneas de danza de compañías galegas, nacionais e internacionais, entre os meses de abril e decembro. Castro estivo acompañado polo director do teatro, Paulo Rodríguez, e a directora xerente da Fundación Emalcsa, Bettina Kohlhaas.

"O ciclo TRC Danza 2026 é unha mostra da ambición da nosa cidade: unha programación diversa, contemporánea, aberta ao mundo e á vez conectada co noso contexto. Unha proposta que aposta polas novas audiencias e tamén por facilitar o acceso, como se reflicte no bono que amplía a experiencia cultural da cidadanía", indicou Castro. "Desde o Goberno de Inés Rey temos clara a necesidade de fomentar e apoiar a cultura en todas as súas manifestacións, tamén na danza contemporánea cun programa co que xa somos un referente a nivel nacional", indicou o concelleiro. Castro destacou que "este programa é todo un exemplo por achegar á cidade compañías de gran prestixio nacional e internacional". O TRC Danza 2026 comezará o sábado 11 de abril con 'Quiso negro', de Ester Guntín. Como de costume, o ciclo dividirase en dúas partes: Primavera e Outono.

Na primeira metade do ciclo destaca a participación de dúas compañías de danza internacionais. Por unha banda, a Compañía Colombiana de Danza Contemporánea Incolballet de Cali presentará 'El vacío' o domingo 10 de maio. A seguinte sesión levará ao Teatro Rosalía de Castro á compañía portuguesa Nuisis Zobop, que representará 'Quando vem a taciturna - De limiar en limiar o presente frágil'.

TRC Danza 2025 volverá a colaborar co Corufest, o festival de artes escénicas inclusivas que tamén promove o Concello e cuxa programación completa será presentada nas vindeiras semanas. Farao com 'Orgía', de Miquel Barcelona, o venres 8 de maio. "Este programa supón unha aposta decidida polo apoio á creación galega e, de maneira moi especial, á creación da propia cidade. O TRC Danza non é só un escaparate, senón tamén un espazo de impulso e acompañamento ao talento local, contribuíndo a fortalecer o tecido creativo coruñés e a situar ás nosas creadoras e creadores no centro das políticas culturais", indicou Castro.

O ciclo de Outono comezará cunha estrea absoluta. Trátase de 'Ngoma', de La Guajira. De novo, o ciclo tamén colaborará co Festigual coa representación de 'On time' o 8 de novembro. O TRC Danza 2026 pecharase o venres 4 de decembro co espectáculo 'Cicatriz', de Kirenia Martinez e Antón Reixa.

Todas as funcións representaranse ás 20.30 horas, agás 'Aburrimento', que será ás 18.00 horas. Hai dous tipos de tarifa: de 12 euros e de 8 euros. Tamén haberá un bono cun desconto progresivo. As entradas pódense adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense, en Ataquilla e os dias de función no propio Teatro Rosalía de Castro.

Proxecto de mediación cultural

Desde o ano 2014 o Teatro Rosalía Castro acompaña o seu programa anual de danza TRC Danza cun proxecto innovador de mediación cultural e programación expandida. Este proxecto articula mecanismos de relación entre as e os artistas convidados e a cidadanía da Coruña coa intención de xerar un contexto na cidade que poña en valor a danza e as artes do movemento. A través de diferentes actividades, pensadas en colaboración con distintas comunidades e colectivos da cidade, poderemos coñecer de forma máis profunda os universos artísticos das compañías convidadas así como reforzar os seus vencellos coa nosa cidade.

TRC Danza 2026

Temporada de primavera

Sábado 11 de abril - QUISO NEGRO

Dirección / Autoría: Ester Guntín

Compañía / Producción: Lila Brick / Magrana Escena

Venres 17 de abril - O PONTO IMPROPIO A/S/V

Dirección / Concepto: Javier Martín

Compañía: Javier Martín + equipo artístico A/S/V

Xoves 30 de abril - ALÉN

Dirección / Autoría: Esther Latorre e Hugo Pereira

Compañía: Colectivo Glovo

Venres 8 de maio - ORGÍA

Dirección / Investigación: Miquel Barcelona

Compañía: Cía. Miquel Barcelona

Domingo 10 de maio - EL VACÍO

Dirección / Coreografía: Julio César Iglesias

Compañía: Compañía Colombiana de Danza Contemporánea - CCDC (Incolballet)

Sábado 30 de maio - QUANDO VEM A TACITURNA - DE LIMIAR EM LIMIAR O PRESENTE FRÁGIL

Dirección / Coreografía: Hugo Calhim Cristóvão & Joana von Mayer Trindade

Compañía: Nuisis Zobop (Portugal)

Temporada de outono

Sábado 19 de setembro - NGOMA (Estrea absoluta)

Dirección / Coreografía: Armando Martén

Compañía: La Guajira

Xoves 8 de outubro - ABURRIMENTO: ARQUITECTURAS PARA O XOGO ESCÉNICO

Dirección e concepto: Marta Alonso Tejada

Compañía: Marta Alonso Tejada (acción participativa)

Venres 9 de outubro - DANCE JOIN

Dirección: Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada

Compañía: Marta Alonso Tejada

Sábado 24 de outubro - NATURAL ORDER OF THINGS

Dirección: Guy Nader

Codirección: Maria Campos

Compañía: GN|MC Guy Nader & Maria Campos

Venres 30 de outubro - MUTAR. ROMPER. VIBRAR

Dirección / Coreografía: Carmen Fumero e Dácil González

Compañía: Carmen Fumero & Dácil González

Domingo 8 de novembro - ON TIME

Dirección: Gabriela Martín

Coreografías: Amaya Galeote, María Cabeza de Vaca, Maite Gámez

Compañía: Fundación Psico Ballet Maite León - Fritsch Company

Venres 27 de novembro - NO

Dirección / Coreografía / Interpretación: Irene Tena e Albert Hernández

Compañía: La Venidera

Venres 4 de decembro - CICATRIZ

Dirección / Coreografía / Autoría: Kirenia Martínez Acosta

Compañía: Cía. Kirenia Danza.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión