1 de mayo de 2026
A carreira celebrarase o 10 de maio e as persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata este domingo ás 23.59 horas
O circuíto de carreiras nos barrios Coruña Corre celebrará a súa terceira proba o domingo 10 de maio coa XVII Baixada Popular de San Pedro de Visma, unha das carreiras máis esixentes do circuíto. As inscricións tanto para esta proba como para o conxunto do circuíto pecharanse este domingo, 3 de maio, ás 23.59 horas. As persoas inscritas no circuíto deberán confirmar tamén a súa asistencia en www.corunacorre.com.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, convidou a cidadanía a participar na proba e no circuíto, que "constitúe un bo achegamento ao deporte e á vida saudable, ofrecendo percorridos de pouca esixencia". "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos dando pasos para mellorar este circuíto, único en Galicia, que cada ano suma novos barrios e melloras nos percorridos", indicou Vázquez.
Serán case 6,5 quilómetros cun punto de control a medio camiño, no quilómetro 3,6. A partir do quinto, as e os participantes enfilarán o descenso pola estrada de Mazaído a Visma, e chegarán á meta na recta principal de San Pedro de Visma.
Como xa é habitual, a carreira do domingo 10 de maio sairá desde o cruzamento entre as rúas San Pedro de Visma e Aguillón, na contorna do centro cívico municipal. As e os participantes en categoría absoluta arrincarán motores ás 10.00 horas, e xa a partir das 11.15 comezarán as saídas progresivas das categorías inferiores, desde a sub-18 ata os peques.

25 de julio de 2026

24 de julio de 2026

24 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible