8 de diciembre de 2025
O Concello impulsa un ano máis esta iniciativa, que achega ao alumnado e ao profesorado ao mundo do audiovisual e as curtametraxes, amosando a importancia da sétima arte para impulsar a creatividade da rapazada
O Concello ultima a posta en marcha da cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola 2025-26 , unha iniciativa concibida para achegar ao alumnado e o profesorado dos centros educativos coruñeses ao mundo da sétima arte, propiciando que as próximas xeracións den renda solta á súa creatividade a través do audiovisual e as novas tecnoloxías.
O programa, destinado a todos os centros educativos de ensino público, concertado e privado no termo municipal, está orientado especificamente ao alumnado de quinto e sexto ano de Primaria, así como ao de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, FP Básica e tamén os aos seus equipos docentes.
"Buscamos que cada alumna ou alumno entenda o cinema e as curtametraxes como unha vía para expresar as súas emocións, contar as súas historias e amosar o seu talento. Ademais, ao participar o profesorado tamén se potencian os enfoques pedagóxicos dos proxectos individuais e se fomenta o traballo en equipo", explicou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, que lembrou que o prazo de inscrición para os centros educativos coruñeses interesados en participar no certame seguirá aberto ata o luns 15 de decembro.
Neste sentido, Borrego apuntou que os centros educativos participantes que completen con éxito a súa fase de inscrición disporán de dúas sesións de formación para precisar e pulir as ideas propostas, desenvolver os guións e establecer un cronograma semellante a un plan de rodaxe. Ademais, o día da gravación, as rapazas e rapaces que o desexen disporán de asistencia técnica.
As curtametraxes premiadas serán presentadas no treito final deste curso 2025-26. Concretamente, no mes de maio, cando se celebrarán dúas galas (19 de maio, para o alumnado de Primaria; e 20 de maio, para o alumnado de ESO e FP Básica) que porán o peche a esta nova edición de 'Cinema no Escola', un programa municipal co que o Goberno de Inés Rey busca potenciar o talento audiovisual da rapazada coruñesa e espertar as súas vocacións neste eido.

31 de enero de 2026

31 de enero de 2026

30 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible