Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinema na Escola 2025-26

"Cinema na escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual á xente máis nova, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para crear unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de grupos de 5.º e 6.º de EP, ESO e FP básica de centros educativos do municipio da Coruña

Horario:

Preferentemente en horario escolar, pero poderá valorarse realizalo en horario extraescolar.

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Este programa persegue o achegamento do alumnado ás novas tecnoloxías a través de ferramentas didácticas e experimentais, fomentando o traballo en equipo, a creatividade e o manexo das tecnoloxías.

Esta experiencia incide na formación na aula impulsando a aprendizaxe en valores en relación con:

  • Os conceptos: mediante a análise da expresión en todas as súas vertentes: visual, cinematográfica, xestual.
  • Os procedementos: traballo en equipo, esforzo individual, diálogo e o traballo coas novas tecnoloxías cinematográficas (rodaxe, montaxe, técnicas cinematográficas etc.)
  • As actitudes: cooperación na aprendizaxe, expresión de emocións, empatía, capacidade de acordos, responsabilidade e desenvolvemento da creatividade.

O programa "Cinema na escola" persegue converter a cada alumno/a en o verdadeiro protagonista da aprendizaxe, xa que cada participante é capaz de desenvolver os seus talentos, traballar en equipo, desenvolver a súa creatividade, aprender, expresar emocións e contar historias.

Requisitos

  • A elaboración da curtametraxe polo alumnado participante realizarase utilizando como ferramenta os teléfonos móbiles.
  • As curtametraxes terán que ser en lingua galega e deben entregarse no mes de abril.

Organización do programa

O programa consta de:

  • Talleres formativos "en liña" ou presencial de iniciación á creación audiovisual; formación e asesoramento presenciais nas tarefas de filmación e montaxe, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar unha curtametraxe.
  • Celebración do concurso: a presentación das curtametraxes farase nunha ou dúas gala/s final/é na que un xurado cualificado elixirá os curtos gañadores nas distintas categorías.

TALLERES FORMATIVOS

levará a cabo unha formación específica para o profesorado a efectos de que poidan traballar na aula a creación dunha curtametraxe sobre un tema libremente decidido polo alumnado; nela abordaranse aspectos relacionados coa ceración e produción audiovisual.

1. A formación inicial on-line (ou presencial) desenvolverase a través dunha plataforma e constará dun mínimo de 2 sesións de 90 minutos cada unha, no horario para determinar cos centros participantes.

2. Terminada a fase de formación en liña haberá unha segunda fase de formación individual presencial e de seguimento do proxecto, onde os equipos poderán comezar o traballo de guionización, gravación, edición e montaxe final das curtametraxes. A estimación do número de horas destinado a esta formación individualizada e presencial será de 5 horas por grupo.

3. Creación das curtametraxes. Unha vez finalizada a formación, os equipos participantes procederán a realizar a redacción do guion, gravación, edición e montaxe final.

Ao longo deste proceso, a empresa organizadora deberá asignar a unha acode especialista na materia, que estará dispoñible para resolver cualquer dúbida e axudar de maneira telemática aos grupos participantes.

A empresa organizadora, en coordinación co SME, establecerá os períodos formativos, de acordo cos centros educativos participantes.

CELEBRACIÓN DO CONCURSO

Entrega de curtametraxes

Unha vez materializado o produto final, as curtametraxes deberán de subirse á plataforma Youtube, usando a conta Gmail do colexio ou creando unha específica para tal fin, en a dirección facilitada, e enviando a ligazón correspondente ao correo proporcionado pola empresa organizadora, ata o 30 de abril.

Para a valoración das curtametraxes presentadas designarase un xurado composto por, polo menos, 3 membros especialistas na materia, actuando como secretario/a un/a técnico/a de o Servizo Municipal de Educación, que levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, podendo quedar deserto algún premio.

Para esta edición 2025-26, o xurado estará composto por:

  • Santiago Fernández: actor de escena e de dobraxe de ampla traxectoria e proxección nacional, ex-director do CEIP Labaca e fundador de Casa Hamlet.
  • Fran X. Rodríguez: realizador de ficción, montador de series para plataformas como Movistar Plus e Amazon Prime. Ten un Goya pola realización do curto "The Monkey".
  • Isa Escrigas: directora de casting, axudante de dirección e actriz.
  • Ledi Bellón: doutor en fotografía por Belas Artes, directora de fotografía de ficción, documental e publicidade.
  • Ana Judel Prieto: técnica de educación do Concello da Coruña. Secretaria do xurado.

O xurado visionará as curtametraxes presentadas para a súa valoración e propoñerá unha selección de catro proxectos finalistas como candidatos de cada un dos premios propostos, nas 2 categorías: primaria e secundaria. O xurado facilitará en sobres lacrados o nome da curtametraxe gañadora de cada un dos premios do concurso en ambas as categorías.

Os premios propostos por cada categoría serán os seguintes:

  1. Mellor curtametraxe
  2. Mellor interpretación
  3. Mellor guion
  4. Mellor fotografía
  5. Mellores efectos visuais
  6. Mellor edición e montaxe
  7. Mellor edición de audio
  8. Mellor curtametraxe por votación popular. O público terá acceso "on-line" ás curtametraxes podendo votar o seu curto favorito antes do día anterior á celebración da gala.

A proposta de premios poderá verse ampliada (por exemplo, 1º e 2º premios de cada categoría ou mencións especiais a valores, comedia e esforzo, ) en función do número de grupos participantes.

O premio para cada un dos grupos premiados consistirá en galardóns e figuras.

Gala Final

O xurado propoñerá unha selección dos proxectos finalistas como candidatos a cada un dos premios propostos.

Os premios serán entregados nunha Gala Final por cada categoría, no Centro Sociocultural Ágora, os días 19 (primaria) e 20 (ESO) de maio de 2026, ás 17:00 horas, na que serán proxectados fragmentos dos curtos finalistas, desvelados os grupos gañadores e entregados os premios correspondentes.

En ambas as galas contaremos coa presenza do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez, que entregará varios premios.

PREMIO DA PÚBLICO - VOTACIÓN POPULAR

Para outorgar o premio do público (mellor curtametraxe por votación popular), xa se poden visualizar os 18 curtos presentados (9 de Educación Primaria e 9 de ESO) nesta edición de Cinema na Escola na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

Para determinar os curtos gañadores do premio do público teranse en conta as estatísticas de reproducións, likes e retencións (porcentaxe de tempo visto) entre:

  • o xoves 14 de maio ás 12:00 horas e o martes 19 de maio ás 12:00 horas, para a categoría de Educación primaria.
  • o xoves 14 de maio ás 12:00 horas e o mércores 20 de maio ás 12:00 horas, para a categoría de ESO.

Cinema na Escola 2025-26: lista de reprodución en YouTube.

CURTAMETRAXES GAÑADORAS

Categoría de Educación Primaria:

Categoría de Educación Secundaria:

Cando:

Dende o 04/11/2025 ata o 20/05/2026

  • Fase de inscrición: de novembro a decembro
  • Fase de formación: xaneiro e febreiro
  • Fase de seguimento e creación das curtametraxes: febreiro, marzo e abril
  • Fase de entrega das curtametraxes: ata o 30 de abril, polas canles abertas para a ocasión
  • Fase de deliberación do xurado e votación popular: 1.ª quincena de maio
  • Celebración das galas de entrega de premios:
    • Para os centros de primaria: martes 19 de maio, ás 17.00 horas, no Ágora
    • Para os centros de ESO: mércores 20 de maio, ás 17.00 horas, no Ágora

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/09/2025 ata o 15/12/2025

Ficha de solicitude

Os grupos participantes dividiranse en dúas categorías: primaria e secundaria/FP.

Cada centro poderá inscribir, como máximo, dous equipos por categoría.

Cada equipo estará coordinado por un/unha docente.

A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro; e sempre tendo en conta que a participación de centros privados non concertados non poderá superar, en ningún caso, nin o 10% do total dos centros participantes, nin o 15% do total dos grupos participantes.

Contacto:

DELOGA

Teléf.: 605 519 052 (Eva Garaval)

programacinemanaescola@gmail.com

Servizo Municipal de Educación

Teléf.: 981 184 200 ext. 10179

educacion@coruna.gal

Requisitos:

  • Deberá alcanzarse un número mínimo de 10 centros participantes, dos cales polo menos o 90 % deberán de ser públicos ou concertados; o número máximo de grupos participantes non poderá superar os 30 nin ser inferior a 10 e os grupos procedentes de centros privados non concertados non poderán superar o 15% do total dos grupos participantes.
  • De non alcanzar estes mínimos requiridos de centros ou grupos, o programa non se desenvolverá.

Recursos humanos:

A empresa Desenvolvemento Local Galego (DELOGA) terá a Eva Garaval en funcións de coordinación e produción do programa e a Hugh McGinley como responsble de formación e asesoramento técnico e creativo.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación

Máis información:

Documentos:

Cartel Cinema na escola 2025/2026 (716 KB)

Guía informativa Cinema na Escola 2025-2026 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión