Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de marzo de 2023

A mostra “Abrindo a nosa colección” lembra o contido do Cartafol Homenaxe a Pablo Ruiz Picasso editado en 1980

Unha exposición recollerá obras de artistas, escritores e músicos para lembrar a Picasso no 50 aniversario da súa morte

A mostra estará aberta desde hoxe ata o 25 de abril na Casa Museo Picasso

O Concello promove desde este xoves ata o 25 de abril a mostra "Abrindo a nosa colección" para recordar a homenaxe tributada por músicos, intelectuais e artistas a Pablo Ruiz Picasso con motivo da conmemoración do 50 aniversario do seu falecemento

A mostra baséase, en parte, no contido do cartafol "Homenaxe a Pablo Ruiz Picasso" elaborado en 1980, un ano antes do centenario do nacemento do pintor. Nesta obra participarán un importante e destacado número de creadores contemporáneos de Picasso. Un exemplar do cartafol, en concreto o número 23 dos 75 editados, consérvase na Casa Museo Picasso, que acollerá esta mostra. 

En concreto, na elaboración da cartafol participaron os pintores e escultores Pablo Serrano, Antonio Saura, Antoni Cravei, Juan Genovés, Lucio Muñoz e Rafael Canogar; os compositores Cristóbal Hallter, Federico Mompou, Xavier Montsalvatge e Luís de Pablo, e os poetas Vicente Aleixandre, Jorge Guillén, Gabriel Celaya, Rafael Alberti, Salvador Espriú e Blas de Otero. Cada un deles achegou a este cartafol composicións orixinais para este fin ou cederon obras que algunha vez lle dedicaron ao gran artista que deu os seus primeiros pasos artísticos na Coruña.

A mostra incorpora tamén textos da poeta Eva Veiga, da profesora de Historia do Arte María Gil Martínez e do musicólogo Xoan Carreira, nos que se detalla e explica a relación de Picasso cos artistas e intelectuais da súa época e máis en concreto cos participantes no cartafol, ademais de desenvolver as obras e traballos que se recollen no volume editado polo Partido Comunista en marzo de 1980, un ano antes do regreso do "Guernica" a España e do centenario do nacemento de pintor. 

O contido do cartafol permite comprobar como o xenio de Picasso domina de maneira radical sobre os seus contemporáneos que, en recoñecemento deste influxo, lle dedican textos onde os poetas eloxian tanto a súa obra como a súa figura, tal como detalla Eva Veiga na presentación da mostra. Proba desa ininterrompida consideración é o cartafol que, publicado en 1980, contén as homenaxes dalgunhas das máis grandes personalidades da arte plástica, da música e da poesía do século XX en España.

María Gil incide tamén que para os seis artistas plásticos que participan no volume cos seus gravados, Picasso non era un máis, xa que simbolizaba o ronsel dunha tradición vangardista en España, que tivo os seus inicios nas rupturas pictóricas de Goya, mais que tamén era un referente político no exilio: a esperanza da creación artística como medio de resistencia ante a censura da ditadura.

Esta exposición dá continuidade da desenvolta nos meses de decembro, xaneiro e febreiro do mesmo nome, "Abrindo a nosa colección", integrada por documentación relativa a Picasso do Arquivo Histórico da Coruña e fondos da biblioteca da Asociación Pablo Picasso relativos á súa etapa coruñesa.

Tamén está prevista unha mostra posterior con parte dos fondos documentais sobre Picasso propiedade do Concello que estará centrada no cartafol "Homenatge 1977", de José María Kaydeda, composto por carteis orixinais elaborados con motivo da homenaxe a Picasso que en 1980 tivo lugar en Málaga.

Forma parte tamén da serie de actos promovido polo Concello para lembrar a figura de Picasso e máis concreto a importancia da súa etapa coruñesa, na que se formou artísticamente.  A Coruña é sede, xunto a Málaga, Barcelona, Madrid e Bilbao, da conmemoración do 50 aniversario do falecemento do artista. 'Celebración Picasso 1973-2023' é o lema do programa para celebrar esta efeméride e que contará con máis de 30 actividades ao longo do ano, con exposicións, conferencias, congresos e actividades para todas as idades e públicos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión