17 de abril de 2026
Celebraranse os días 24, 27, 28 e 29 de abril
O programa educativo Deporte no centro 2025-26 , que se desenvolve en convenio coa Federación das ANPA de centros públicos da Coruña, prepárase para celebrar a segunda edición do curso dos encontros lúdicos. Trátase de catro días de programación especial con momentos de encontros, vivencias e experiencias lúdicas relacionadas co deporte, que reúnen a nenos e nenas que participan nas actividades de "Xogo e movemento", "Pequexogos" e "Ludiverso" do programa.
Os encontros levaranse a cabo os días 24, 27, 28 e 29 de abril, en horario das 16.30 ás 17.30 horas, e reunirán uns 165 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, pertencentes a 16 grupos de 10 centros educativos, en catro sedes (CEIP Concepción Arenal, CEIP Raquel Camacho, Fórum Metropolitano-Parque Europa e CEIP Ramón de la Sagra).
Saír do propio centro para intercambiar e compartir xogos fomenta a socialización e a interacción entre compañeiros e compañeiras diferentes a aqueles/as cos/coas que xogan habitualmente e, ao mesmo tempo, xera unha motivación extra dentro dos grupos destas actividades do mesmo centro. Ademais, refórzase o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices que se traballan durante o curso.

23 de abril de 2026

22 de abril de 2026

22 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible