Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2026

A Cidade das TIC acolle o encontro internacional que conecta talento novo, empresa e innovación

A alcaldesa, Inés Rey, destaca o papel da cidade como espazo de oportunidades para a mocidade e referente no desenvolvemento tecnolóxico

A Coruña acolleu esta tarde a apertura do XII Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores (EIJE), unha cita consolidada no ámbito universitario que reúne na cidade a estudantes e titulados recentes de distintos centros de España e Portugal co obxectivo de impulsar o emprendemento, a innovación e o intercambio de ideas.

O acto inaugural celebrouse na Cidade das TIC, un dos espazos estratéxicos para o desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico local, e que durante estes días se converte no punto de encontro entre talento novo, universidade e tecido empresarial.

O EIJE configúrase como un foro de referencia para o emprendemento xuvenil, combinando formación práctica, presentación de proxectos e dinámicas de traballo colaborativo, ademais de facilitar o contacto directo entre participantes e profesionais do ámbito empresarial. A edición deste ano está centrada nos retos da transformación dixital, a intelixencia artificial e os novos modelos produtivos.

Durante a súa intervención, a alcaldesa puxo en valor o papel da Coruña como cidade aberta, dinámica e en crecemento, destacando a súa capacidade para atraer talento e xerar oportunidades nun contexto marcado pola innovación.

"A Coruña non pode permitirse perder o talento novo e a nosa responsabilidade é xerar as condicións para que quen queira emprender, innovar e crear o seu proxecto de vida poida facelo aquí", sinalou Rey.

Neste sentido, a alcaldesa subliñou a importancia de iniciativas como a Cidade das TIC, que permiten fortalecer o posicionamento da cidade como polo tecnolóxico, así como o impacto da implantación na Coruña da Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial, que sitúa a cidade no centro do debate sobre o uso responsable da tecnoloxía.

Rey incidiu tamén no papel das administracións públicas, defendendo que "impulsar o emprendemento tamén significa garantir oportunidades reais e condicións xustas, para que o talento non teña que marchar por falta de alternativas".

O acto de apertura incorporou un formato innovador cun diálogo entre as autoridades e un avatar de intelixencia artificial, en liña co enfoque tecnolóxico do encontro e cos retos actuais do emprendemento.

O XII Encuentro Internacional de Jóvenes Emprendedores (EIJE) reúne na Coruña a preto de 300 participantes e consolida a cidade como un escenario idóneo para o impulso do talento novo, a cooperación internacional e a xeración de novas iniciativas emprendedoras.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión