Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Espazo Diverso

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Teléfono:

981189889

Fax:

981189889

Horario:

Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): Luns a venres, de 9:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30.

Resto do ano: Luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30.

O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborables de ámbito local, autonómico e nacional.

Para a atención presencial en oficina débese solicitar cita previa a través do teléfono ou e-mail.

O Espazo Diverso é un recurso público dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.

Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.

Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso...

Próximas actividades

Grupo de autoapoio

O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o empoderamiento de acódelas usuarias. As reunións son quincenais, para unirche contacta por teléfono ou por e-mail .

Club de lectura

Participa no Club de Lectura do Espazo Diverso, onde descubrirás lecturas sobre o colectivo LGTBIQA+ e reflexionaremos en grupo sobre elas

Taller "Inserción sociolaboral: unha cuestión práctica"

O acceso ao emprego segue sendo un reto para moitas persoas LGTBIQA+ e queremos poñerlle freo.

Neste taller impartido por Hayden Dopico Cardemil (profesional da integración social) faremos o seguinte:

  • Aprenderás a crear o teu CV e prepararche para entrevistas.
  • Traballaremos no teu perfil profesional.
  • Coñecerás claves para emprender ou reinventarte laboralmente.

Todo dunha maneira práctica e adaptada á túa realidade.

O noso obxectivo é darche ferramentas reais para mellorar a túa inserción sociolaboral.

Espazo vivencial dos coidados

Un taller de dous días, impartido por Gabriela Frías (PhD en Psicoloxía) e dirixido á comunidade LGTBI+ e á cidadanía en xeral, pensado para traballar o autoconocimiento, a autoestima e o benestar emocional.

"Da imaxe ao fío": taller de foto-bordado

Impartido por Solángeles Ortiz (politóloga con formación en intervención socio-comunitaria), este taller propón un espazo para crear desde a memoria, resignificando recordos, bordando afectos e reconstruíndo a propia historia.

A través do fío e da fotografía, traballaremos a memoria persoal e colectiva desde unha mirada LGTBI+, transformando imaxes en novas narrativas de identidade, coidado e resistencia.

Alíate: construíndo espazos seguros na práctica

Un taller participativo impartido pola técnica do Espazo Diverso para aprender a identificar situacións de discriminación e saber como actuar desde o coidado, o respecto e a corresponsabilidade.

Traballaremos que significa un espazo seguro, como previr a LGTBIfobia e que ferramentas sinxelas podemos usar no día a día para apoiar as persoas LGTBIQA+.

Accesibilidade

Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/espera e rampla de acceso adaptada/practicable.

Actividades

  • Atención persoal, xurídica e psicolóxica
  • Actividades socioeducativas grupales
  • Talleres comunidade educativa
  • Formación para familiares LGTBI
  • Grupos de Autoapoyo

Equipamentos comúns

  • Fotocopiadora multifunción
  • Equipo Audiovisual (música/vídeo)
  • Reprodutor CD/DVD
  • Mesas
  • Cadeiras
  • Lousa móbil con soporte

Espazos/Locais

Denominación e usoSuperficie e aforamentoEquipamento especificoAccesibilidadeReservable

Sala de usos múltiples

Aula de usos múltiples

63.42 m2

(24 persoas)

  • Lousa fixa na parede
  • Receptor TV
  • Liña de televisión: liña de antena.
  • Rede informática: Rede municipal en liña.
ConsultarSe (*)

Salón de actos

Salón de actos de usos múltiples

63.42 m2

(50 persoas)

  • Canón proxector de imaxes
  • Pantalla de proxección de imaxes
  • Receptor TV
ConsultarSe (*)

(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade

Documentos:

FOLLETO-ESPAZO-DIVERSO-DIFUSION.pdf (918 KB)

Documentos relacionados

  • Cartel Grupo Autoapoio (833 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión