Concello da Coruña

Concello da Coruña

Equipamento

Biblioteca Municipal de Estudos Locais

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Teléfono:

981 184 386

679 298 012

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

  • No inverno: de luns a venres das 09.00 h ás 14.00 h e os mércores das 16.00 h ás 20.30 h preferentemente logo da previa consulta telefónica (no núm. 981 184 386) para confirmar a dispoñibilidade.
  • No verán: de luns a venres das 09.00 h ás 14.00 h (ata as 13.00 h durante a Semana Grande).

Os días 24 e 31 de decembro permanece pechada.

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres: das 9.00 ás 14.00 h con acceso libre e os mércores ademais das 16.00 h ás 20.30 h 
  • Verán  (do 15 de xuño ao 15 de setembro, incluídos)
    • Luns a venres: das 9.00 ás 14.00 h, e os mércores ademais das 16.00 ás 20.00 h
    • Semana grande (primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto): das 9.00 ás 13.00 h, e o mércores das 16.00 ás 19.00 h
  • Días de peche: sábados, domingos e festivos, e 24 e 31 de decembro

Acceso e consulta

O acceso é libre, do mesmo xeito que no resto das bibliotecas, e non é necesaria a cita previa. Para realizar consultas os mércores pola tarde, preferentemente, debe contactarse por teléfono coa biblioteca para confirmar a dispoñibilidade.

De todos os xeitos, se a persoa usuaria o desexa poderá solicitar anticipadamente os documentos para consultar, utilizando o Formulario de solicitudes con polo menos 48 horas de antelación. A biblioteca, neste caso, poñerase en contacto con ela para confirmar que a súa petición será atendida.

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 1 - Liña 1A - Liña 2 - Liña 2A - Liña 3- Liña3A - Liña 4- Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 17

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Ademais atoparás unha chea de materiais referidos á Coruña ou publicados nela. Poderás revivir a historia da cidade, coñecer a evolución das súas rúas e os seus comercios, ver os bandos municipais máis antigos ou os carteis de todas as festas patronais, descubrir o uso realizado da Torre de Hércules na cartelería da cidade...

Os seus fondos fóronse ampliando e tamén se incorporaron importantes bibliotecas particulares como:

  • María Barbeito
  • Linares Rivas
  • Alfonso González Catoyra
  • Carlos Díaz Martínez
  • Ramiro Cartelle
  • Familia Padín Viaño
  • Familia González Mariñas

Dispón tamén de seccións dedicadas a centros de interese, hemeroteca, música e cinema, e conexión wifi.

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede.

Máis información

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais foi inaugurada en 1991. Dentro do Sistema Municipal de Bibliotecas é a biblioteca responsable de recompilar, organizar, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico da cidade.

É considerada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese. O seu fondo especializado en Galicia e fundamentalmente na Coruña está constituído por un conxunto heteroxéneo de formatos e soportes co que se persegue satisfacer as necesidades da información local.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais está integrada no Centro Cultural "Salvador Madariaga" no que comparte espazo con diferentes institucións, algunhas das cales participan dos seus intereses e ámbito de actuación. É o caso do Arquivo Histórico Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, a Asociación da Prensa Coruñesa e o CGAI (Centro Galego de Arte dá Imaxe) que contribúen a contextualizar e facilitar o aceso á información local desde diferentes perspectivas.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Eventos relacionados...

  • A imaxe mostra un gravado ou ilustración histórica do Lazareto de Oza, na Coruña. Trátase dunha vista panorámica dun complexo sanitario situado xunto ao mar, rodeado por altos muros de peche.  No primeiro plano obsérvanse varios edificios rectangulares con tellados a dúas augas, encerrados dentro dun recinto amurallado. No fondo pode verse outro conxunto de edificacións situado nun pequeno promontorio costeiro. A paisaxe aparece practicamente despoboada, con terreos abertos e ondulados arredor das instalacións.

    Ando na Coruña: O Lazareto e o Sanatorio de Oza

    Cando:

    Os días 30/09/2026 ás 18:00 , 14/10/2026 ás 18:00 , 21/10/2026 ás 17:00

    Inscricións:

    Dende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026

    REQUISITOS

    Inscrición previa

    As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera. 

Axenda

Equipamentos de ocio

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión